Libros Gallego
Clasificado en Otras materias
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,78 KB
Os quince relatos que conforman a colección de A lus do candil, mesturan elementos fantásticos e humor nas súas páxinas. En sete destes quince relatos móstranse de xeito inconfundible elementos relacionados coa fantasía. Son, xeralmente, visions ou soños onde aparecen pantasmas, estrañas personaxes e situacions que intrigan as personaxes que non comprenden o seu significado, case sempre relacionado coa morte de alguen. Un ejemplo disto son os relatos de Arxemiro, ¡Aleluia! e o Traxe do meu tío. No primeiro é o propio Arxemiro o que ten unha vision sobre a sua morte. No segundo a morte persegue o protagonista por unhas ruas desertas ata a sua habitación onde logra librarse dela. No terceiro o tio do rapaz protagonista interpreta o soño da tia como a sua futura morte.
Ademais destes sete relatos, hai outros catro onde os elementos fantasticos son tamen parte do relato. É o caso de A cabana do carboeiro e As meigas atinan sempre, onde en émbolos dous relatos a mesma meiga acerta coa morte do carboeiro e coa perda do cabrito en As meigas atinan sempre.
Nos outros dous contos restanes faise ver un certo humor. As personaxes confunden a persoas de carne e oso con difuntos, creando asi, una situación humoristica.
Esta colección de quince relato coinciden nuha caracteristica comun, todos os relatos son contados nun mesmo escenario, a caron dunha lareira ou unha cheminea nunha noite de inverno e neles aparecen moitas referencias a feiras, romarias e festas tan comuns da Galicia do rural. Un claro ejemplo disto son Arxemiro e O traxe do meu tio . No primeiro falase das festas do veran e no segundo faise referencia a San Froilan.
A morte e tamen un tema moi recorrido nestes relatos, xa que esta presente en case todos. Aparece de diferentes formas. En ocasions presentase a modo de visions ou soños e outras veces aparece como morte violenta, onde homes morren por querer entrar nas casa a roubar, e o caso de A caixa de morto ou O tesouro.
Os Camiños da vida situase na sua maior parte nas terras de Trasouto onde o autor fai unha descricion da vida da aldea e dos grandes acontecementos anuais como son a recolleita dos froitos, o cobro das rendas, as vendimas, a traves dos ollos dos señores dos pazos, aos que Otero Pedrayo culpa da decadencia do pais debido a sua conducta. Despois do abandono da aldea por parte dos señores, esta queda en mans dos vendedores castelans, os novos amos das terras, que axiña acadaran o poder. A obra tamen presenta un caracter romantico, a vontade de supervivencia que encarna Ramoniña de Puga, a morgada do Pazo da Pedreira. Esta muller intenta salvar a casa vella, pensando na sua irma e no seu fillo, cuxo mozo, xa convertido en médico, renuncia a cidade e quedase a vivir en Trasouto.