Límites psicobiológicos e éticos, iusnaturalismo, iuspositivismo e dereitos humanos

Clasificado en Física

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,47 KB

Límites psicobiológicos e éticos

¿En qué consisten os límites psicobiológicos e éticos?: Psicobiolóxicos, consisten en considerar que para o home non todo é posible. Éticos, as sociedades non deben aceptar accións ou normas como o asasinato ou a violación.

Iusnaturalismo

Doctrina que defende a existencia de dereitos naturais inalienables (como o dereito á vida, á liberdade e á propiedade) que son anteriores ás normas xurídicas positivas (as establecidas polos seres humanos) e ás que estas deben someterse, servíndolles de fundamento e de modelo. (É a correcta)

Iuspositivismo

La principal fonte do dereito é a lei. Desta maneira, este estuda o dereito tal cal é, é dicir, as leis que conforman o ordenamento xurídico.

Características dos dereitos humanos

- Innatos: inherente á persoa. Ao estar asentados na natureza do home, acompañanlle desde o primeiro instante da concepción humana.
- Inalienables: non se poden transmitir a outros. Tampouco é posible negociar con eles, nin renunciar a eles.
- Imprescritibles: existen ao marxe de calquera consenso, non se extinguen por falta de exercicio.
- Universais: todas as persoas son titulares dos mesmos dereitos humanos.

Diferenza entre poder, potestade e autoridade

O poder é un feito natural derivado das esixencias da natureza humana, alcanza a súa madurez e desenvolvemento integral na sociedade, sempre necesitou organizarse en cooperación con outros para conseguir os seus fins. A potestade, é cando o poder se regula por normas e exerce nunha organización xurídica. Dous tipos de autoridades: A capacidade que se desprende do saber que posúe unha persoa, non da súa forza nin poder efectivo. A facultade de sancionar condutas que infrinxen as normas que regulan a organización social.

Diferenza entre legalidade e legitimidade

A legitimidade é un concepto filosófico, superior e máis relevante que o concepto xurídico de legalidade, serve para xulgar se unha norma xurídica é xusta ou se o poder político se exerce segundo criterios de xustiza. O poder político, para ser legítimo, debe de ser xusto, debe ser orientado ao ben común e ten que respectar os dereitos humanos. A legalidade consiste en actuar segundo as leis establecidas na sociedade.

Relación do ben común coa dignidade, a participación e a democracia

A xustiza consiste en dar a cada un o que lle corresponde. E, por iso, o primeiro que se esixe é recoñecer que todos os seres humanos teñen a mesma dignidade. O ben común é o conxunto de todos os elementos ou factores que se dan nunha determinada comunidade ou sociedade, e que fan posible a realización persoal de cada un dos individuos que a integran. Cada home singular debe aceptar que o seu ben individual se ordene ao ben común. O ben común comprende dous niveis: material e espiritual. A persoa é cidadá porque participa activamente na sociedade, e unha comunidade non está completa se non existe esta participación. No caso do sistema democrático, esta participación é esencial. A democracia só é posible cando os cidadáns interveñen activamente no sistema de dereitos e deberes, porque os cidadáns teñen o dereito e o deber de intervir nas decisións e accións de quen os representan.

Entradas relacionadas: