Liña temática de Curros Enriquez

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,53 KB

Noriega Varela: Tendencia tradicionalista. autor dun único libro,Montañesas(1904), que a partir da 3ª edición cambia o seu título polo deDo ermo(1920), que viu a súa edición definitiva en1946. Neste libro hai tres tendencias fundamentais:

  • O Costumismo: as circunstancias da vida dos labregos, na liña do XIX.
  • O lirismo da natureza: canta os aspectos máis humildes da natureza. Estes poemas caracterízanse pola ausencia de anécdota, neles atópanse sós o poeta e a natureza
  • Poemas "franciscanos", a súa achega máis orixinal, onde o eu do poeta aparece só, mergullado no medio da paisaxe na procura da estética do máis sinxelo da natureza. Formalmente estes poemas imitan a poesía popular; a lingua usada é tamén a do pobo chan.
  • Sonetos franciscanos, que inciden na temática anterior pero enmarcándoa dentro do molde métrico do soneto. A lingua é, tamén, máis culta e elevada, coa introdución de cultismos de orixe portuguesa. O poema "Toda humilde beleza" (este) é quizais o máis representativo desta tendencia.

Entradas relacionadas: