A Lingua Galega: Orixe, Estado Actual e Poesía de Postguerra

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,88 KB

A Lingua Galega: Orixe e Estado Actual

A partir do s. XVI, Galicia quedou subordinada a Castela, e isto supuxo a penetración do idioma castelán, que se converteu na lingua escrita e na única usada nos usos formais. Mentres tanto, o galego, aínda sendo o idioma da inmensa maioría da poboación, quedou relegado aos usos orais e coloquiais das clases populares. Na conciencia dos falantes, creáronse unha serie de valoracións negativas cara ao idioma galego, e xurdiron unha serie de prexuízos en torno a el.

Na actualidade, a lingua galega superou moitos destes atrancos e emprégase en todos os ámbitos; pero aínda subsisten algúns prexuízos:

  • A suposta falta de utilidade do galego.
  • O galego asociado ao mundo rural, á pobreza, á ignorancia e ao atraso.
  • O uso do galego como sinal de descortesía ou mala educación.
  • A suposta imposición do galego.
  • O galego como marca ideolóxica.
  • O galego como lingua primitiva ou dialecto.
  • O galego normativo como lingua artificial.
  • O galego non é unha lingua apta para a ciencia.

O obxectivo destes prexuízos é debilitar a lingua galega e reforzar a castelá. Son unha escusa para non utilizala e crean situacións de autoodio e desprezo pola propia lingua.

A Poesía de Postguerra

A data clave é 1950, pois nese ano ten lugar a creación da editorial Galaxia, que inicia o camiño da recuperación cultural galega desde Galicia. Na poesía de postguerra atopamos tres xeracións poéticas:

  • Xeración do 36
  • Promoción de Enlace
  • Xeración das Festas Minervais

Xeración do 36

Esta xeración está formada polos escritores que naceron entre 1910 e 1920, como por exemplo, Celso Emilio Ferreiro.

Celso Emilio Ferreiro

Naceu en Celanova nunha familia vencellada ao galeguismo. Durante a guerra, é recrutado forzosamente polo bando franquista e é levado á Fronte de Asturias. A guerra e as súas dramáticas consecuencias converteranse en motivo reiterado nos seus versos. Emigra a Venezuela, e a súa opinión idealizada da emigración cambia por completo ao enfrontarse cos dirixentes das sociedades galegas, aos que considera persoas desleigadas, que esqueceron a súa orixe e que só se preocuparon de enriquecerse.

A súa Obra

Na súa poesía diferéncianse tres liñas temáticas:

  • Poesía social, de carácter reivindicativo: denuncia as inxustizas sociais, expresa a súa solidariedade cos oprimidos e o seu compromiso antibelicista e antifascista.
  • Poesía intimista: expresa o seu desacougo existencial, lembra un tempo pasado e feliz, evoca nostalxicamente a súa terra natal, reflexiona sobre a fugacidade da vida, o amor, a morte, etc.
  • Poesía satírica: denuncia a mesquinidade humana cun ton acedo e fortemente crítico.

Estas características aparecen, sobre todo, en Cantigas de escarnio e maldicir. Celso Emilio escribe os seus versos nunha lingua coloquial e popular, na procura dun discurso directo e claro. A súa poesía caracterízase pola presenza de metáforas e imaxes simbólicas, organizadas en dúas series opositivas:

  • Elementos positivos: son termos referidos a claridade (luz, alborada...) e a altura (pomba, vento...) que connotan as ideas de esperanza, liberdade e xustiza, evocan un pasado feliz ou expresan a esperanza nun futuro en liberdade.
  • Elementos negativos: son termos referidos a escuridade (noite, sombra, corvo, cinza...) e a espazos pechados e profundos (cadea) e á pedra. Aluden ao presente da ditadura franquista e expresan as ideas de medo, opresión, inxustiza, rabia e impotencia.
Obras
  • Longa noite de pedra
  • Viaxe ao país dos ananos
  • Cantigas de escarnio e maldicir
  • Celanova

Entradas relacionadas: