A Lingua Galega no Século XX: Historia, Recuperación e Desafíos

Enviado por esteban_se y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,16 KB

A Lingua Galega no Século XX

Continúa o proceso de recuperación e expansión da lingua galega iniciado no século anterior durante o período do Rexurdimento.

As Irmandades da Fala e a Normalización Lingüística

As Irmandades da Fala (1916), iniciativa de Antón Vilar Ponte, tiveron como obxectivo principal a dignificación e normalización da lingua galega en todos os niveis.

No seo das Irmandades xurdiron o Grupo Nós e o Seminario de Estudos Galegos, que continuaron a tarefa de difusión e reivindicación do idioma. Tamén se dedicaron ao estudo e á investigación da realidade galega. Escribíronse as primeiras obras en galego, centradas no estudo e divulgación da historia e da cultura galegas: xeografía, etnografía, historia, filosofía, etc. A creación de editoriais, revistas e xornais incrementou a actividade literaria.

En 1936, aprobouse o Estatuto de Autonomía de Galicia, que defendía a cooficialidade do galego e do castelán e reivindicaba a presenza da lingua galega no ensino.

A normalización do idioma foi mellorando, aínda que tamén se incrementou o proceso de castelanización debido á consideración do castelán como lingua para o ascenso social.

En 1906, creouse a Real Academia Galega (RAG), co obxectivo de fixar e depurar o idioma.

A Sociedade Galega e a Literatura no Tempo das Irmandades

A Galicia de comezos do século XX seguía sendo un país esencialmente rural e cun forte atraso económico. As capas superiores da sociedade eran a Igrexa e a fidalguía, propietarias da terra. O campesiñado era pobre e adoita emigrar a América. No primeiro terzo do século houbo importantes cambios:

  • O movemento agrario: foi un movemento reivindicativo do campesiñado que se organizou e creou sociedades agrarias e sindicatos agrícolas para defender os seus intereses. O seu obxectivo principal era a abolición do sistema foral. Destacou especialmente a sociedade Acción Gallega (1910).
  • A decadencia da fidalguía pola desaparición do sistema foral e a incapacidade para adaptarse aos cambios que supuxo a Revolución Industrial.
  • O nacemento dunha nova burguesía dedicada sobre todo ao comercio, á banca, á industria conserveira e á construción naval.
  • O trasvase de poboación rural a espazos urbanos e o desenvolvemento das cidades.
  • A creación das Irmandades da Fala en 1916: O seu obxectivo principal era a exaltación e dignificación do idioma galego, así como a expansión do seu uso. A este movemento sumáronse os principais escritores e intelectuais do momento: Ramón Cabanillas, Otero Pedrayo, Vicente Risco, etc.
  • En 1931, na VII e última asemblea das Irmandades, fundouse o Partido Galeguista. En 1932, elaborouse o Estatuto de Autonomía, que foi aprobado en 1936 pola poboación galega. Foi ratificado en 1938, durante a Guerra Civil, grazas a Castelao. O remate da guerra e o inicio da ditadura franquista truncaron o seu desenvolvemento.

Entradas relacionadas: