Linguas Minorizadas: O Caso do Galego e a súa Normalización

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,56 KB

Linguas Minoritarias e Minorizadas

Hai máis de 6.500 linguas faladas no mundo que gozan de diferente estatus e de distinto grao de vitalidade. Unhas son protexidas e promocionadas polo estado, e outras sofren restricións nos seus usos.

A lingua minoritaria é aquela que conta cun reducido número de falantes. As linguas minoritarias poden presentar diferentes niveis de vitalidade, e algunhas están en perigo de extinción. A lingua minorizada é aquela á que se lle negan as condicións para poder desenvolverse con plena normalidade dentro da súa propia comunidade. Está nunha situación de inferioridade ao ver restrinxidos os seus usos públicos.

Tipos de Linguas Minorizadas

Existen varios tipos de linguas minorizadas segundo o seu estado:

  • As linguas que non teñen ningún tipo de recoñecemento legal (occitano ou bretón en Francia).
  • As linguas que teñen algún tipo de recoñecemento (galego).
  • As linguas que teñen distintos graos de recoñecemento legal (catalán: cooficial en Cataluña, Valencia e Illas Baleares; sen recoñecemento en territorios de Francia, Italia e en Aragón; oficial en Andorra).
  • As linguas que son oficiais e aínda viven nunha situación de minorización en relación coa lingua da metrópole que domina o territorio (gaélico en Irlanda).

O Galego: Lingua Minorizada, Non Minoritaria

O galego tivo un desenvolvemento normal ata a Idade Moderna, época na que viviu unha situación de normalización lingüística. A partir do comezo da Idade Moderna, dase un proceso de substitución polo castelán, proceso paralelo á dominación política por parte do castelán. O castelán tivo e ten o apoio dos poderes políticos e económicos dominantes. O galego, con 2.500.000 falantes, pódese catalogar como lingua minorizada, pero non minoritaria.

O Galego en Vías de Normalización

Dúas posibles saídas cara o conflito lingüístico: substitución e normalización lingüística. O proceso de normalización lingüística prodúcese cando se recupera unha lingua que, sendo propia dunha comunidade, foi desprezada por outra foránea e viu restrinxidos os seus usos, especialmente os máis prestixiosos.

Na actualidade, o galego recupera prestixio e uso real en todos os niveis e funcións, pero os datos do Mapa Sociolingüístico de Galicia alarman do descenso na transmisión aos fillos, o que constitúe unha seria ameaza para o futuro da lingua. O Instituto de Estatística Galego indica que o galego se encontra en perigo de extinción.

Entradas relacionadas: