Linguas Minorizadas e Minoritarias: Unha Visión Xeral
Clasificado en Otras materias
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,33 KB
Se nunha comunidade hai dúas linguas en contacto, estas reproducen a xerarquía que hai dentro dela; unha das linguas vai ocupando progresivamente os ámbitos da outra provocando a súa substitución.
Lingua Minorizada vs. Lingua Minoritaria
O concepto de lingua minorizada é sociolingüístico e nada ten que ver co de lingua minoritaria que é cuantitativo, pode suceder que unha lingua minorizada sexa a máis falada nunha comunidade.
Diversidade Lingüística e o Caso Europeo
A complexidade de composición da poboación dunha área así como os movementos da poboación fan imposible un acordo entre o número de linguas que se falan no mundo e os falantes que posúe cada unha. No caso europeo case todos os estados son plurilingües e a convivencia das linguas de cada comunidade ou estado, desenvólvese no plano diglósico. Hai gran cantidade de linguas minorizadas pertencentes a comunidades que en moitos casos están divididas por fronteiras políticas xa que non sempre os límites dunha comunidade lingüística ou histórica coinciden cos límites do estado.
Situación das Linguas Minorizadas
O estatus e o nivel do uso das linguas minorizadas en case todas é minoritario. É dentro do estado español onde estas linguas gozan dun maior estatus e son empregadas en ámbitos impensables para outras. O marco legal asenta as bases para a recuperación e normalización da lingua mais é necesaria a intervención dos sectores sociais que son:
Accións para a Recuperación Lingüística
- Acción política: exercida polas administracións públicas, imprescindible para a normalización lingüística por coherencia e imperativo legal.
- Acción colectiva: exercida por asociacións colectivas, xogan un papel importante fronte á desidia e esquecemento do grupo anterior.
- Acción individual: supón o esforzo individual e consciente contra hábitos e conductas de desleixo cara á situación da lingua.
Dinamización e Concienciación
Para o éxito destas accións é necesario un proceso de dinamización co obxecto de crear actividades positivas cara ao idioma implicando activamente a colectivos e individuos que promovan o uso da lingua ademais de concienciar e sensibilizar os axentes públicos provocando un cambio na conduta social.