Literatura Galega Contemporánea: Autores e Xéneros (1975-Actualidade)

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,86 KB

Introdución

A literatura galega actual comeza a desenvolverse dende 1975, cando o novo marco político posibilitou un aumento da produción literaria en lingua galega coa incorporación de novas editoriais como Xerais ou Kalandraka. Esta produción foi animada pola creación de premios literarios como Blanco Amor ou Xerais. Nos últimos tempos tamén pódense atopar contidos literarios en Internet que impulsan de forma progresiva o desenvolvemento da literatura galega.

Narrativa

Experimenta un gran crecemento a partir das últimas décadas do pasado século, cun seguimento amplo debido á incorporación de novas xeracións ás xa existentes.

Suso de Toro

Con estudos sobre a arte moderna e contemporánea, é guionista de televisión e colabora habitualmente en prensa e radio. Publicou ao longo da súa carreira máis de vinte libros en galego que abranguen os xéneros de:

  • Narrativa
  • Ensaio
  • Teatro

Recibiu o Premio Nacional de Narrativa no ano 2003 pola súa obra Trece badaladas, esta tamén foi levada aos cines. Outras obras salientables son A sombra cazadora e Polaroid.

Manuel Rivas

Con experiencia xornalística e estudos na ciencia da información, Manuel Rivas escribiu narrativa, poesía e numerosos ensaios. Foi un escritor moi galardoado por obras coma Que me queres amor? e O lápiz do carpinteiro. O filme A lingua das bolboretas está inspirado en tres relatos do libro Que me queres amor?.

Marina Mayoral

Catedrática xubilada da Literatura Española da Universidade Complutense, é escritora e articulista. Destaca a súa visión do amor e da morte como forzas condicionais do destino humano. Coma Blanco Amor, Marina desenvolve as súas novelas nunha cidade imaxinaria chamada Brétema. Algunhas obras son A man de neve e Tristes Armas.

Poesía

Esta etapa da literatura galega marca o cambio de temática debido a varias obras poéticas que rompen co tema social-realista e introducen novos temas e formas expresivas. Obras destacadas:

  • Con pólvora e magnolias
  • Seraogna

Xorden tamén grupos poéticos como Cravo Fondo e proliferan os premios literarios de poesía coma Esquío ou Martín Códax.

Xavier Seoane

Con estudos de Filoloxía Romana, é profesor en Santiago de Compostela. Participou na actividade a prol da poesía galega en grupos como A carón. Algunhas obras son O Canto da Terra e Raíz e soño.

Ana Romaní

Poeta e xornalista cultural, promove a actividade literaria dende a radio. Galardoada pola súa labor, recibiu varios premios como O Premio Diario Cultural Radiofónico. Algunhas obras son Palabras de mar e Arden.

Teatro

Paulatina recuperación do teatro dende esta etapa da literatura galega grazas ao labor de diversos grupos e eventos:

  • Grupos: Teatro de Ningures e Teatro do Noroeste
  • Eventos: Mostras de Teatro de Ribadavia

Roberto Vidal Bolaño

Escritor e actor de teatro ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas en 2013. A súa obra está marcada pola estética da derrota e a crítica da modernidade. Talvez influído por Otero Pedrayo, defendeu unha recuperación do popular. Algunhas obras son Laudamuco, Señor de Ningures e Rastros.

Manuel Lourenzo

É un actor, dramaturgo, director teatral, conferenciante, tradutor galego e dinamizador de diferentes iniciativas teatrais. Foi moi galardoado por todas as súas iniciativas a prol do teatro galego, creando diversas compañías e clubs de teatro. Algunhas obras son As dunas e Concerto.

Entradas relacionadas: