A Literatura Galega do Rexurdimento e as Irmandades da Fala

Enviado por alex y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,37 KB

As Irmandades da Fala e o Contexto Literario

As Irmandades da Fala, fundadas en 1916 por Antón Vilar Ponte, son asociacións culturais e políticas que definían Galicia como unha nación con raza, lingua, territorio, historia, institucións e cultura propios. En 1922, nas Irmandades, déronse dúas correntes: unha política, liderada polos irmáns Vilar Ponte, e unha culturalista, que tiña como líder a Vicente Risco, quen consideraba que a cultura galega debería ser a tarefa prioritaria.

Cando en 1931 se fundou o Partido Galeguista, as Irmandades integráronse nel.

Pódese dicir que o Rexurdimento acabou en 1917 coa morte de Pondal. Os autores posteriores continuaron, sen ningunha achega fundamental, a obra dos mestres do século posterior. Autores como:

  • Lamas Carvajal (Saudades galegas)
  • Manuel Leiras Pulpeiro (Cantares galegos)
  • Outros: Noriega Varela, Ramón Cabanillas (estética decimonónica)
  • Gonzalo López Abente, Victoriano Taibo e Avelino Gómez (poesía de menos logros)

Autores Post-Rexurdimento: Noriega Varela

Noriega Varela (1869-1947) publicou tres obras. As dúas primeiras son recompilacións de cantigas populares:

  • A Virxe e a paisanaxe (1913)
  • Como falan os brañegos (1928)

A súa terceira obra de creación publicouse co título de:

  • Montañesas (1904-1910)
  • Do ermo (1920-1929-1946)

Na súa poesía podemos sinalar dous tipos:

  • A poesía costumista (na liña do século XIX), que canta a dura vida dos labregos.
  • O lirismo da natureza: o poeta asume ante a natureza unha actitude de humildade (ao xeito de Francisco de Asís).

Ramón Cabanillas: Traxectoria e Obra Completa

Ramón Cabanillas (1876-1959) emigrou a Cuba e foi alí onde se deu a coñecer como poeta.

Nos seus tres primeiros libros:

  • No desterro (1913)
  • Vento mareiro (1915)
  • Da terra asoballada

É un poeta civil que pon a súa poesía ao servizo da sociedade, pero tamén ten poemas de tipo intimista.

Na seguinte década (fai outros tipos de poesía) e publica:

  • O bendito San Amaro (1926); poema narrativo que nos recorda os poemas de cegos.
  • Na noite estrelecida (1926); galeguiza en tres poemas o tema "Artúrico" (A Espada Escalibor, O Cabaleiro do Santo Grial e O Soño do Rei Artur).
  • A rosa de cen follas (1927); libro intimista de gran elegancia.
  • Camiños no tempo (1949); escolma de composicións dos anos 20.
  • Antífona da cantiga (1951); obra que inaugura a editorial Galaxia; Cantares populares precedidos dun prólogo.
  • Da miña zanfona (1954); obra na que mostra o seu estilo depurado.
  • Versos de alleas terras e de tempos idos (1955); selección de textos de autores estranxeiros versionados por el.
  • Samos (1958); dedicado a este mosteiro no que pasaba longas tempadas.

Tamén dúas pezas teatrais:

  • A man da santiña (1921); En prosa, de asunto contemporáneo.
  • O mariscal (1926); En verso, histórica (episodio da execución do Mariscal Pardo de Cela por orde dos Reis Católicos).

Entradas relacionadas: