Literatura Galega: Do século XVII á Ilustración

Clasificado en Matemáticas

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,6 KB

En 1671 aparece o Entremés famoso sobre a pesca no río Miño, a primeira obra teatral en galego. Escribiuna Gabriel Feixóo de Arauxo e é unha pequena peza teatral que se representaba no descanso entre dous actos dalgunhas obras. Trata un conflito entre pescadores galegos e portugueses polas zonas de pesca no río Miño. É unha obra cómica e lixeira.

No século XVII aparece o vilancico de Nadal en lingua galega. Os vilancicos son composicións poético-musicais que se cantaban polas rúas e nas catedrais. O vilancico é un xénero entre o culto e o popular, xa que presenta un estilo culto con formas populares co fin de universalizalos.

Aparecen en Lisboa, Madrid e Sevilla. En Lisboa e Madrid aparecen nas cortes reais e en Sevilla aparecen na Catedral. Isto acontece porque se busca galeguizar o nacemento de Xesús. A través desta galeguización represéntase a Xesús na pobreza e a humildade (características galegas). Tamén se apoia en diversas similitudes fónicas (Oriente-Ourense).

A Literatura da Ilustración

As características dos séculos XVI e XVII son aplicables ao século XVIII. A diglosia agudízase e o galego convértese nunha lingua aínda máis desprezada. Sen embargo, na segunda metade deste século aparece a Ilustración, movemento que nace en Francia e que se espalla por Europa con rapidez. Tamén chegará a Galiza, onde converxerá coa escuridade en torno á nosa lingua e o noso país. Aparecerán algúns personaxes que buscarán a dignificación de Galiza e o cultivo literario na nosa lingua.

Figuras da Ilustración Galega

O Padre Feixoo vive a maior parte da súa vida fóra de Galiza, aínda que nace nunha familia fidalga ourensá. A súa primeira obra sería Teatro Crítico Universal, unha obra de carácter enciclopédico con numerosas referencias a Galiza. Critícase tamén a pervivencia de diversas ideas en contra da Ilustración. Pretende culturizar e enriquecer ao pobo galego.

O Cura de Fruíme foi bastante coñecido na súa época pola súa relación coa poesía. Realizaba composicións satíricas apreciadas por un público amplo. Foi o segundo autor con máis textos en galego desta época e tamén publicaría obras coas que buscaba a dignificación do país.

O personaxe galego máis importante da época foi o cura Martín Sarmiento, membro da mesma orde ca o Padre Feixoo. Consideraba a este último un mestre (Feixoo fora o seu mestre no Seminario realmente) e converteuse no máximo defensor do cura, durante e trala vida do mesmo. Había moita xente que non toleraba ao Padre Feixoo polos seus prestixios e eran moitos os críticos das súas obras, sobre todo de Teatro Crítico Universal. Sarmiento publicou diversos textos defendendo ao seu apreciado amigo.

Martín Sarmiento: Vida e Obra

O Frei Martín Sarmiento nace en Galiza pero vive a maior parte da súa vida en Madrid. Ingresa na orde benedictina e rexeita dedicarse completamente á relixión para centrarse na literatura e na defensa do galego. Podería ter alcanzado un posto moi alto dentro da xerarquía eclesiástica. En Madrid actuou como confesor na corte española e foi unha persoa moi respetada na época, un prestixio que se elevaba a nivel internacional no campo da botánica.

Durante a súa vida realiza dúas viaxes de medio ano a Galiza para recompilar datos. Algúns deles tiñan un carácter botánico, outros eran económicos, outros sociais, …

Recompilou os distintos nomes que se empregan en Galiza para as diversas plantas e, a través destes datos, realiza un estudo sobre a evolución do galego dende o latín.

Entradas relacionadas: