Literatura Galega: Séculos Escuros ao Prerrexurdimento
Clasificado en Otras materias
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,08 KB
Séculos Escuros
Poesía anónima tradicional, de carácter popular, só nos quedan escasas mostras de poesía tradicional. Conservanse ao redor de 20 cancións paralelísticas.
Poesía de temas históricos ou de circunstancias
O pranto da Frouseira (32v) (XV). Saqueo a Cangas polos turcos (1617).
Poesía académica
- Renacentista, o Soneto de Monterrei (1530).
- Barroca, Exequias á raíña Margarida de Austria (1612), Décimas ao apóstol Santiago (1617).
Poesía Relixiosa
Villancicos de Nadal aos Reis.
Teatro
A primeira peza en galego é o Entremés famoso sobre a pesca no Miño ou Contenda dos labradores de Caldelas (1671).
Ilustración
Exaltación da razón, cultivo das ciencias, estudo das humanidades, preocupación polas linguas modernas e educación.
- Frei Benito Xerónimo Feixoo: defendeu a dignidade do galego.
- O padre Sarmiento: "Coloquio de 24 galegos rústicos".
- Xosé Andrés Saavedra: 1 soneto dedicado á "Filida".
- Diego Antonio Cernadas: foi o mellor dos poetas do século XVIII.
- Padre Sobreira: é o autor do dicionario da lingua galega.
Prerrexurdimento
Textos literarios de carácter propagandista:
1) 1808 romance anónimo.
2) 1810, Xosé de Neira publica Poezas de Galicia.
3) 1813 Manuel Pardo publica Os rogos de un gallego establecido en Londres.
4) 1823 Pedro Boado publica un Diálogo entre 2 labradores gallegos, afligidos, y un abogado instruído.
- Poesía: a comezos do s.XIX continua a tradición do villancico galego de Nadal. A poesía foi escasa. Vicente Turnes. Nicomedes Pastor: "Aborada" e "Égloga de Belmiro e Benigno".
- Teatro: Antonio Benito Faldiño en 1812 escribiu a Casamenteira.
- Precursores, son un grupo de autores, vinculados ao provincialismo, de 1846 a 1863, ideoloxía liberal e romántica.
1) Xoan Manuel Pintos: A gaita galega (1853). 1er en galego do XIX.
2) Fran Añón: 39 poemas en galego, O + famoso foi "A Galicia".
3) Alberto Camino: O Desconsolo.
4) Antonio María de la Iglesia: Álbum de Caridad.
5) Francisco María de la Iglesia: escribiu poesía, e tamen prosa.
Xogos Florais: En 1861 realizáronse en Coruña, presentáronse poemas en galego e en castelán, que se publicaron ao ano seguinte no Álbum de la Caridad, neste inclúese un Mosaico poético de nuestros vates gallegos contemporáneos. Unha antoloxía bilingüe que constitúe a primeira recopilación de poesía galega do século XIX e na que aparecen 40 poetas, como Eduardo Pondal, Fran Añón, Rosalía de Castro e Alberto Camino.
Provincialismo
É un proceso de nacemento da primeira gran manifestación do galeguismo. Son conscientes do carácter diferencial de Galicia e por iso van loitar, polos seus intereses económicos, culturais... Créase a Xunta Superior do Reino de Galicia, pero o levantamento fracasa e moitos dos seus líderes serán fusilados (Mártires de Carral).