Localización Industrial, Dimensión Empresarial e Crecemento
Clasificado en Economía
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,78 KB
Localización Industrial e Comercial
Factores na Localización Industrial
- Dispoñibilidade e custo do terreo.
- Facilidade de acceso ás materias primas.
- Existencia de man de obra cualificada.
- Nivel de industrialización e infraestruturas da zona.
- Transportes e comunicacións.
- Existencia de axudas económicas ou fiscais.
- Outros: Desenvolvemento económico e social da zona, facilidade para facer negocios, clima laboral e social, etc.
Factores na Localización Comercial e de Servizos
- Proximidade á demanda.
- Visibilidade do local.
- Custo do local.
- Facilidade de comunicación e comodidade de acceso.
- Existencia de servizos complementarios.
A Dimensión Empresarial
A dimensión ou tamaño da empresa fai referencia á súa capacidade produtiva ou máximo nivel de produción alcanzable nun período de tempo determinado.
Para lograr a mellor situación competitiva posible, a empresa debe ter un tamaño óptimo. Se o tamaño é excesivo, asumirá uns custos que non poderá manter; e se o tamaño é demasiado reducido, perderá oportunidades.
Para determinar o tamaño óptimo da empresa, cómpre ter en conta os seguintes factores:
- Custos: As empresas de gran tamaño realizan importantes investimentos en infraestrutura (o que supón uns custos fixos elevados) co que adoitan alcanzar importantes economías de escala (custos unitarios moi baixos).
- Flexibilidade: Os cambios na demanda adoitan ser moi rápidos e intensos, polo que a estrutura interna da empresa debe ser facilmente adaptable.
- Cota de mercado: Canto maior sexa a cota de mercado á que aspira a empresa, maior deberá ser a súa dimensión.
- Capacidade financeira: Crecer implica investir e para investir normalmente as empresas necesitan endebedarse.
Criterios para Medir a Dimensión Empresarial
Non existe un único criterio para determinar o tamaño da empresa. Os máis utilizados son:
- Número de traballadores.
- Volume de vendas ou ingresos.
- Volume de produción.
- Recursos propios.
- Activo total.
- Beneficio neto.
O uso dun criterio ou outro daranos distintas clasificacións das empresas segundo o seu tamaño. Por iso adóitase utilizar varios criterios de forma combinada.
Por exemplo, a Unión Europea adoita utilizar tres criterios complementarios:
Tipos de empresas | Nº traballadores | Activo total | Volume anual vendas |
---|---|---|---|
Microempresa | < 10 | < 2 000 000 € | < 2 000 000 € |
Pequena | < 50 | < 10 000 000 € | < 10 000 000 € |
Mediana | < 250 | < 43 000 000 € | < 50 000 000 € |
Grande | > 250 | > 43 000 000 € | > 50 000 000 € |
O Crecemento da Empresa
Tipos de Crecemento
- Crecemento interno: Baseado en novos investimentos realizados pola empresa para aumentar a súa capacidade produtiva. Dáse nos primeiros momentos da empresa.
- Crecemento externo: Ten lugar mediante a adquisición, fusión ou alianza con outras empresas, dando lugar a procesos de concentración empresarial. Dáse cando a empresa ten alcanzado xa un certo tamaño e en combinación con procesos de crecemento interno.
Formas de Crecemento Externo
- Integración de sociedades: Fusión, Absorción. Á súa vez: Concentración horizontal, Concentración vertical (trust).
- Participación.