Lucha obrera na sociedade industrial: huelgas, asociacións e movementos
Clasificado en Química
Escrito el en gallego con un tamaño de 6,51 KB
Lucha obrera na sociedade industrial: huelgas, asociacións e movementos
Na nova sociedade de clases que se configurou paralelamente á industrialización e ao desenvolvemento capitalista, a conflictividade social foi moi importante como consecuencia das duras condicións de vida da clase traballadora. Nas cidades, os obreiros tiveron que someterse ao ritmo das máquinas e soportar longas xornadas de traballo e baixos salarios. Progresivamente, os obreiros foron realizando e empregando medidas de forza e de presión para reivindicar o que nin as leis nin os patróns lles concedían.
Lucha contra as máquinas e as huelgas
O primeiro episodio de loita obreira sucedeu en Alcoy en 1821 coa destrución de máquinas de hilar introducidas dous anos antes. Este tipo de accións, denominadas luditas, volveron a suceder en Barcelona e de forma máis violenta na fábrica El Vapor de Bonaplata, un dos primeiros empresarios en adoptar a máquina de vapor. Este tipo de protestas continuaron durante décadas como actos puntuais e de escasa repercusión. A destrución das máquinas na Fábrica de Tabacos de A Coruña en 1857, na que, tal e como se recolle no documento 1, 4 mil mulleres... fixeron pedazos as máquinas novas tirándoas ao mar. Foi unha das últimas mostras de loita contra as máquinas.
Como medio máis eficaz de loita, os obreiros recorreron ás huelgas. Normalmente levábanse a cabo cando as negociacións entre patróns e obreiros non conseguían poñer de acordo ás dúas partes. Por xeral, para que a loita triunfase, debía planificarse e contar co apoio dos traballadores e cos medios económicos suficientes para poder atender as necesidades dos obreiros en folga.
Asociacións obreiras e movementos
As primeiras asociacións obreiras foron as sociedades de socorro e axuda mutua nacidas ao abeiro da lei de 1839 que permitirá a creación deste tipo de sociedades co obxectivo de conseguir mellores salarios, redución da xornada laboral, regulamentación do traballo e a creación de caixas de resistencia, cooperativas de axuda e montepíos para facer fronte á enfermidade, ao despedimento e á morte. En 1844, o goberno moderado prohibiu todo tipo de asociacións.
Co Benio progresista aumentaron as esperanzas do coñecemento e liberdade de asociación e o incipiente movemento obreiro ensaiou as súas primeiras fórmulas de acción, incluída a primeira folga xeral motivada, en gran medida, pola introdución das novas máquinas de hilar, que aforraban man de obra e deixaban a moitos obreiros no paro. Ese mesmo ano, a clase obreira, tal e como se recolle no documento 2, realizou unha petición ás Cortes polo dereito a asociarse.
Anarquismo e marxismo no movemento obreiro
A revolución de setembro de 1868 despertou as esperanzas dos obreiros de legalizarse a liberdade de asociación. En outubro chegou a España Giuseppe Fanelli, enviado por Bakunin, co obxectivo de organizar a sección española da AIT sobre as bases das teses anarquistas. O anarquismo tivo unha gran influencia no movemento obreiro español, especialmente en Cataluña, o Levante e Andalucía. O seu obxectivo era a transformación revolucionaria da sociedade capitalista mediante a destrución do Estado, a eliminación de calquera tipo de autoridade e poder, a supresión da propiedade privada e a eliminación de calquera diferenza socioeconómica.
Declive da Federación Regional española de la AIT
O internacionalismo tivo o seu momento álxido durante a Primeira República cando diversos grupos de anarquistas adoptaron unha posición insurreccional coa esperanza de provocar a revolución e o derrubamento do Estado. Tras o fracaso destes levantamentos, a Federación Regional española de la AIT comezou a perder forza e o seu declive definitivo tivo lugar a partir de 1874 cando o novo réxime da Restauración a declarou ilegal, obrigándoa a organizarse na clandestinidade.
En 1881, a sección española da Internacional, de tendencia bakunista, cambiou o seu nome pola Federación de Traballadores da rexión española debido á necesidade de adaptarse á nova legalidade, que prohibía as organizacións de carácter internacional. Os desacordos dentro desta organización e a constante represión sobre o movemento obreiro propiciaron que unha parte do anarquismo optase pola acción directa co obxectivo de atentar contra os pilares do capitalismo, mentres que outra parte optou por centrar as súas accións no terreo sindical.
Fronte á corrente anarquista, os marxistas que defendían a mobilización obreira e a participación política como medio para acadar os seus fins fundaron o PSOE e o sindicato UGT.
A pesar das diferenzas entre as tendencias socialista e anarquista, en 1917 as centrais sindicais CNT e UGT acordaron asinar un manifesto conxunto, como se recolle no documento 4, no que instaban ao goberno intervir para conter os prezos, baixo a ameaza de convocar unha folga xeral. A tensión estalou en agosto dese mesmo ano a raíz dun conflito ferroviario en Valencia e a UGT, co apoio do PSOE, decidiu chamar á folga xeral. A protesta adquiriu un carácter político e revolucionario porque as forzas obreiras convocantes reclamaban o fin da monarquía e a formación dun goberno provisional que convocase a Cortes Constituíntes. A folga, que contou coa cooperación dos republicanos e da CNT, tivo unha incidencia moi desigual, aínda que Madrid, Barcelona, País Vasco e Asturias chegou a paralizar a vida cidadá. A reacción do goberno foi basicamente a represión, declarando a lei marcial e enviando ao exército para sufocar o movemento insurreccional. A folga xeral fracasou e non conseguiu contar co apoio de sectores, sen embargo, tivo enormes consecuencias, debilitando aínda máis ao réxime e radicalizando á oposición.
Entre 1919 e 1923, o movemento obreiro acadou un gran apoxeo, sobre todo en Barcelona. Os enfrontamentos entre patróns e obreiros cataláns levaron a constantes desordes na rúa, atentados terroristas, o pistolerismo, a huecas obreiras e ao peche de empresas por parte dos patróns. Destacou pola súa virulencia a protagonizada en 1919 polos obreiros da Canadiense, a Empresa Eléctrica de Barcelona, que iniciou un paro xeral da industria en Cataluña e forzou ao goberno a aprobar a xornada laboral de 8 horas. A chegada da ditadura en 1923 paralizou o desenvolvemento do movemento obreiro.