O madrigal de Gutierre de Cetina: poesía amorosa renacentista

Clasificado en Matemáticas

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,45 KB

Ojos claros, serenos: O madrigal de Gutierre de Cetina está composto por versos endecasílabos e heptasílabos que son propios da poesía italianista. Estes versos pretenden imitar os tipos de estrofa usados por Horacio, un dos poetas da antigüidade que é venerado. Ademais, os metros italianos corresponden a un contido menos abstracto, máis suave e sensorial como se pode ver co uso do adjetivo “claros”. Este madrigal está dentro do período do Renacemento, polo que é un poema no que se ensalza a beleza e o protagonismo do amor, e se concibe á dama como un ser inalcanzable.

Estancia breve e aislada

O poema é unha estancia breve e aislada. É unha composición de tipo ingenioso, breve con rima consonante para xogos conceptistas, dedicados a un só tema, o amor. Combinación de versos de 7 e 11. É como unha silva pero non o é porque a silva, polo contrario, é máis extensa e inclúe máis temas, máis ideas. As figuras retóricas principais son: Personificación en (¡Ay tormentos rabiosos!), atribúe os ollos da dama, a un fenómeno da natureza ou tamén como unha hipérbole, porque exagera a verdade que lle está atribuíndo aos seus ollos. Poden distinguirse Paralelismo no primeiro e noveno verso (Ojos claros y serenos), nos versos 2 e 4 coa estrutura (Si), e nos versos 3, 6 e 10 (miráis). Prodúcese un encabalgamento abrupto no verso 4 (''si cuanto más piadosos, más bellos parecéis a aquel que os mira'').

Conceptismo e poesía amorosa Italianizante

O conceptismo (a argumentación ingeniosa) e os xogos verbais (poliptoton co verbo mirar) que se atopan no madrigal provén da poesía de cancionero que coexiste co petrarquismo e lle outorga algunhas destas cualidades. A enmarcaríamos dentro da poesía amorosa Italianizante: máis innovadora, introduce en España modelos poéticos de inspiración petrarquista vixentes na Italia do Renacemento. Reflicte o desenvolvemento das innovacións de Juan Boscán e Garcilaso, segundo o patrón da lírica culta italiana do seu tempo. Ligada ao emprego do endecasílabo, soneto e de diversas formas estróficas derivadas da canción petrarquista.

Referencias do cancionero

Ten referencias do cancionero porque é un poema que marca hitos no desenvolvemento da historia amorosa. Primeira parte ambigua, o amoroso confúndese dun texto puramente moral, e hai un punto de conexión amoroso: o ben, o mal, a melancolía… a dor do eu poético non sabemos de onde provén, hai sentimentos que son unha dor consentida, gustosa. Nese ton pode haber hitos. Hai vida e morte en Petrarca, normalmente iso non vai ocorrer así, pero si haberá unha partición entre un momento de felicidade e de unión que só está recordado e non atopado no texto. No cancionero, así como neste poema, marca un acontecemento que se toma como nuclear, que logo se desenvolve. Tamén este poema desenvolve imaxes que logo se repiten, facendo versións. Iso en canto á narratividade do texto. Tema do cancionero: unha historia de amor e tamén unha lección moral acerca do valor exemplar que quere dar á posterioridade ese eu lírico que fala dos textos. Dúas leccións: unha temática, condena dos males do amor, aparece o arrepentimento é falso, forma parte do relato, é un metatexto. Quere elevar o seu eu por medio da literatura. A amada é un ser único, modélico, en todo o cancionero hai unha soa dama á que se lle dedican todos os poemas. É unha especie de eixe conceptual que aglutina todos os elementos do texto, un repertorio de imaxes que se van señoralizando. O amor cambia moito, vai cara ao neoplatonismo.

Tema amoroso neoplatónico

O tema amoroso caracterízase por ser neoplatónico en lugar de cortés e o sentimento convértese en palabra. Este tipo de amor coñécese como petrarquista posto que aparece un modelo de escritura poética que xira en torno á amada. Tema: Neste madrigal, Gutierre de Cetina pretende ensalzar a beleza dos ollos da amada de calquera maneira, aínda que esta lle mire con ira.

Por outro lado, a tradición poética na que se inserta esta obra participa do petrarquismo: o neoplatonismo e os tratados de amor son as correntes que recolle o Canzoniere de Petrarca. A súa influencia esténdese sobre toda a lírica española do século de Ouro e é o modelo literario amoroso. É un sufrimento non solamente aceptado senón tamén inevitable e entón forma parte da voz poética e se lle extirpa e o matan e queren seguir no “infierno de amor”.

Entradas relacionadas: