Magmatismo: procesos xeolóxicos endóxenos e tipos de magmas
Clasificado en Geología
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,5 KB
Magmatismo: procesos xeolóxicos endóxenos nos que interveñen magmas
Magmas
rochas que se funden no interior terrestre e se solidifican, dando lugar a rochas magmáticasAmbiente petrogénico magmático
(condicións para fundir as rochas)- Aumento de temperatura (zonas de intraplaca)
- Disminución de presión (bordos diverxentes)
- Entrada de fluídos (bordos converxentes)
Procesos magmáticos
- Formación dos magmas: cando unha rocha se funde
- Evolución dos magmas: os magmas aloxados nunha cámara magmática poden alterar a súa composición antes de consolidarse
- Consolidación: lentamente baixo a superficie (plutóns) ou rápidamente e no exterior expulsados por un volcán (vulcanismo)
Causas da evolución dos magmas
- Cristalización fraccionada: cando un magma arrefría, os minerais cristalizan pero non todos á vez, coexistindo fase sólida + fase líquida
- Diferenciación magmática: fases sólidas sepáranse das líquidas, formando magmas distintos dos orixinais
- Asimilación da rocha encaixante: parte da rocha que rodea o magma fúndese, incorporando os seus compoñentes, con composición química diferente
- Mestura de magmas: dúas cámaras magmáticas comunícanse e os seus magmas mestúranse, formando novo magma de distinta composición
Tipos de magmas
- Basálticos: fusión das rochas do manto superior
- Andesíticos: fusión do magma basáltico da codia oceánica que subduce
- Graníticos: fusión da codia continental inferior en zonas de subdución
Actividade magmática plutónica
procesos que provocan localizacións (plutóns) de magma no interior da codia terrestre e o seu posterior arrefriamento e consolidaciónRochas plutónicas
(arrefriamento lento, cristais ben formados)- Granito, diorita, gabro e peridotita
Actividade magmática volcánica
procesos nos que o magma sae ao exterior a través dun volcán e arrefría (moi rápido) e consolídase no exterior (erupción volcánica)- Materiais volcánicos: gases, lava, piroplastos (cinzas, lapilli, bombas)
- Erupcións volcánicas: fisurais, hawaianas, estrombolianas, vulcanianas, peleanas e freáticas
Rochas volcánicas
(arrefriamento rápido, sen cristais)- Traquita, basalto, andesita e pedra pómez