Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal: Análise Literaria

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,58 KB

Manuel Curros Enríquez: Vida e Obra

Manuel Curros Enríquez naceu en Celanova (1851). A súa infancia foi triste pola personalidade violenta do seu pai. Aos 15 anos fuxiu para Madrid, onde fixo o bacharelato e empezou a carreira de Dereito.

En 1877, despois de gañar un certame poético, trasladouse a Ourense para traballar de funcionario. En 1880 publicou Aires da miña Terra. O bispo de Ourense considerou que algunhas pezas desa obra atacaban a relixión católica e acusouno. Afectado polos problemas familiares, emigrou a Cuba en 1894, onde morreu en 1908.

Produción Literaria de Curros Enríquez

As súas obras máis destacadas son:

  • Aires da miña Terra (1880): Presenta unha temática cívica (crítica) de denuncia e inclúe composicións de carácter intimista e costumista.
  • O Divino Sainete (1888): Baseado na viaxe de Curros e Añón a Roma para ver o Papa. Viaxan nun tren onde cada vagón representa os sete pecados capitais.

Liñas Temáticas na Obra de Curros

1. Liña Cívica

Denuncia a opresión, a ignorancia, a falta de liberdade e a miseria na que vivían os desfavorecidos. Concibía o compromiso co pobo. Ten poemas nos que ataca o atraso e a inxustiza, non referidos só a Galiza.

Sinala culpables:

  • A Igrexa: Que non lles ofrecía educación aos labregos.
  • Os fidalgos e caciques: Que cargaban os campesiños con foros e impostos.

Reflicte a emigración de labregos que fuxían da pobreza e da fame. Logo Curros modifica a idea da emigración e considera que as persoas deben estar na súa terra para loitar por ela.

2. Liña Intimista

Curros reflectiu nalgúns poemas momentos negativos e positivos da súa vida. Outros poemas amosaban unha angustia e desesperanza da vida, onde o sentimento é a soidade propia ou allea.

3. Liña Costumista

Curros tiña da poesía a descrición dos costumes. O elemento costumista converteuse no tema e tamén nun elemento anecdótico.

  • O Costumismo como Tema: Describe un costume e un tipo tradicional, segue a Rosalía nos recursos de tipo popular e inclúe contidos de tipo social.
  • O Costumismo como Elemento Anecdótico: Introduce un motivo costumista para tratar a temática social.

Lingua, Métrica e Estilo de Curros Enríquez

Usa un galego popular. Amosa un gran esforzo na selección léxica. Na métrica, prefería a rima consoante; as súas estrofas cadraban cos gustos da época. O estilo é sinxelo e claro para entender ben os poemas.

Eduardo Pondal: Biografía e Legado

Eduardo Pondal naceu en Ponteceso en 1835 e morreu na Coruña en 1917.

O lugar de nacemento resulta importante na obra de Pondal:

  • Utiliza o galego da súa zona.
  • Utiliza moitos topónimos de Bergantiños.
  • A paisaxe é moi importante.

Obra Literaria de Eduardo Pondal

A súa produción é moi escasa. A primeira obra que escribe é A Campaña de Anllóns (1862). Logo escribiu outra que se chama Rumores de los Pinos (1877), un libro breve que usa o castelán.

Tamén escribiu Queixumes dos Pinos (1886), que ten case 100 poemas en galego e unha estrutura pechada: no primeiro poema, un bergantiñán vai oíndo rumores dos piñeiros e, no poema derradeiro, o bergantiñán comprende a mensaxe dos piñeiros.

Tamén escribiu unha obra inacabada chamada Os Eoas, un extenso poema destinado a cantar o descubrimento de América.

Liñas Temáticas na Poesía de Pondal

1. Liña Cívico-Patriótica

Busca o enxalzamento de Galiza. Dende un presente de asoballamento e marxinación, crea un pasado glorioso de heroes.

Para isto utiliza:

  • Ossianismo: En 1760, un mestre escocés atopara escritos dun bardo celta do século II, o que influíu na literatura de Europa.
  • Celtismo: Existía un grupo de historiadores galegos. Pondal estaba convencido de que os galegos eran celtas e que poderían manifestar a nobreza, o orgullo e a forza. Xa que non existían nomes de personaxes celtas, Pondal inventounos.
  • Bardismo: Os bardos eran persoas que cantaban fazañas dos heroes. Pondal considerábase un bardo para a profecía e, como era superior, era capaz de liderar o destino do pobo galego.
  • Helenismo: Os espartanos, na Grecia, vivían nunhas condicións duras e considerábanse os mellores guerreiros. Representaban o contrario do que Pondal atopaba nos galegos.

2. A Lírica

A Paisaxe

Os poemas están localizados nas terras de Bergantiños. Abundan os topónimos. Hai preferencia pola paisaxe rural e agreste.

Simbolismo na Paisaxe
  • Uces: Voces falantes e reflicten lugares de encontro dos namorados.
  • Piñeiros: Misión bárdica (inducen a raza de Breogán), guerreiros espartanos dispostos á loita.
  • Corvos: Simbolizan a liberdade e a independencia do Bardo.
  • Andoriñas: Aspectos sentimentais.
A Muller
  • Erótico-Machista: Amosa unha virilidade primitiva; a muller é presa do home sen negarse.
  • Naturalista: A muller é vista con matices tenros.
  • Heroico-Romántico: Visión idealizada; identifica a muller coas heroínas guerreiras, sereas, fadas...

Entradas relacionadas: