A marcha cara á guerra: política exterior de Alemaña e preparación da paz
Clasificado en Ciencias sociales
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,69 KB
A marcha cara á guerra: política exterior de Alemaña
La principal causa da Segunda Guerra Mundial foi a agresiva política exterior de Alemaña, resultou decisiva a actitude de algúns países europeos como Gran Bretaña e Francia que practicaron unha política de apaziguamento e antibelicismo. Hitler desde a súa chegada ao poder en 1933 emprendeu o camiño cara á guerra que se reflictou en varios acontecementos.
Abandono da Sociedade de Nacións
En 1933, Alemaña abandonou esta institución para dar a entender ao mundo que non se sometía ás normas internacionais que limitaban o rearme do seu exército.
Intervención na guerra civil española
A Alemaña nazi e a italiana fascista colaboraron co bando sublevado mentres que a URSS axudou ao goberno da Segunda República.
Expansión territorial
En 1935, o Führer incorporou á Alemaña a conta de Sarre, un territorio administrado ata entón pola Sociedade de Nacións. Máis do 90% da poboación mostrouse favorable a formar parte de Alemaña. Dentro do plan de expansión do Terceiro Reich, tropas alemás ocuparon Renania, rexión que fora desmilitarizada polo Tratado de Versalles. Austria e Checoslovaquia eran os seguintes obxectivos de Hitler.
1- Anexión de Austria
En marzo de 1938, o Terceiro Reich anexionou Austria. A anexión ratificouse nun plebiscito no que o 99% dos austríacos votaron a favor da unión con Alemaña. A resposta internacional á nova agresión de Hitler foi moi tibia e limitouse a algunhas protestas diplomáticas.
2- Obxectivo Checoslovaquia
Para obter Checoslovaquia, Hitler tomou como pretexto os Sudetes, unha rica rexión checoslovaca na que vivían uns tres millóns de alemáns. O seguinte obxectivo dos plans de Hitler foi Polonia.
Preparación da paz e a ONU
Conferencias tras os tratados de paz
As conferencias máis importantes antes do fin do conflito foron as de Téhéran e Yalta. Na última participaron Roosevelt, Churchill e Stalin, quen decidiron dividir Alemaña en 4 zonas de ocupación e aceptar que a URSS controlara os territorios liberados polo Exército Vermello.
Conferencia de Potsdam
Os participantes reuníronse en Potsdam, onde Stalin, Truman e Attlee tomaron decisións como organizar a administración común das catro zonas de Alemaña e dividir tamén Austria e as cidades de Berlín e Viena. Creouse un tribunal internacional para procesar aos criminais nazis.
Organización das Nacións Unidas
En abril de 1945, os aliados reuníronse na conferencia de San Francisco e redactaron a Carta das Nacións Unidas, creando a ONU co obxectivo de previr conflitos armados e manter a paz.