Marxismo: Análise crítica da sociedade capitalista

Clasificado en Física

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,93 KB

Valor

El valor de toda mercancía lo determina a cantidade de tempo de traballo socialmente necesario invertido na súa produción. En unha mercancía hai que distinguir: o seu valor de uso, a súa capacidade para satisfacer unha necesidade humana, e o seu valor de cambio, o valor que ten no mercado, da lei da oferta e a demanda. Na sociedade capitalista, a forza de traballo é unha mercancía que ten un valor de uso (valor para producir mercancías) e un valor de cambio (salario que recibe o produtor). Marx destaca a importancia do valor de cambio na economía capitalista e denuncia a irracionalidade da subordinación do valor de uso respecto ao de cambio.

Alienación

Para Marx, a alienación económica é a principal forma de alienación: en modo de produción capitalista, o traballador vive unha situación de deshumanización, convertido en mercancía para subsistir. O resultado é a alienación do traballo, pois a economía convértese nun fin en si mesmo e non nun instrumento ao servizo da realización do ser humano. Esta alienación non é un fenómeno natural e necesario, senón un proceso histórico, dependente dun modo concreto de organizar a produción económica. Outras formas de alienación son: a alienación social, política e a relixiosa.

Capital

Marx opón o capital ao traballo. O capital é o poder de goberno sobre o traballo e os seus produtos. O capitalista, en canto propietario do capital, posúe este poder. O capital é a riqueza non destinada ao consumo, senón á inversión ou á produción de bens de consumo. Consiste no diñeiro, maquinarias, mobles ou outro tipo de instalacións, que, sobre todo, han de xerar beneficio económico ao capitalista. A contradición capital-traballo xera tensións no sistema capitalista que o conducen inexorablemente á súa autodestrucción e á súa substitución por unha sociedade sen clases.

Plusvalía

A propiedade privada e a procura do beneficio individual son o corazón da sociedade capitalista. A orixe do beneficio reside na plusvalía ou valor engadido que o traballo confire aos obxectos producidos. Para fabricar calquera obxecto, son necesarias unha materia prima e un tempo de traballo. O produto resultante ten un valor superior ao da materia prima e ao da forza de traballo empregadas na súa fabricación. Esta diferenza de valor é a plusvalía: marxe de beneficio que obtén o capitalista polo traballo alleo non pagado e que constitúe a diferenza entre prezo de custo e prezo de mercado. O dono do capital apropíase non só das condicións de traballo, senón tamén dos produtos dese traballo menos do que ese traballo vale. A alienación económica concreta na plusvalía, base de explotación da clase traballadora por parte dos capitalistas.

Infraestrutura- Superestrutura

A infraestrutura é a base económica da sociedade que determina unha orde social concreta. É o proceso fundamental do proceso histórico. Está composta polas forzas produtivas e as relacións de produción. A superestrutura é o conxunto de aspectos da vida social que inclúe ideas, técnicas, institucións xurídico-políticas, creencias relixiosas, concepcións filosóficas, estéticas etc. A superestrutura depende da infraestrutura, posto que é a manifestación da estrutura económica. Cando a infraestrutura se transforma, cambia necesariamente a superestrutura. Non obstante, a relación entre ambas é dialéctica.

Traballo

É o proceso de transformación da natureza polo ser humano e a condición básica da vida humana. A esencia do ser humano identifícase co traballo, pois nos pon en relación coa natureza e cos demais seres humanos e nos desenvolve e perfecciona. Esta actividade práctica permite ao ser humano producir os seus medios de vida e o diferencia dos animais. O traballo é sempre unha tarefa colectiva e organizada. Así, a historia humana é a historia do traballo humano. Sen embargo, na sociedade capitalista, o traballo é unha mercancía alienada. Marx pretende a transformación do traballo alienado nun traballo libre.

Texto

Este texto pertence ao prólogo da obra ''Contribución á crítica da economía política''. Neste período, Marx está interesado en analizar teóricamente a sociedade capitalista, obxectivo que chegará á súa madurez coa redacción da súa obra fundamental: O capital. Por outro lado, pretende conectar o seu pensamento coa práctica política, o que lle conduce ao compromiso social.

Neste fragmento expónse a tese central da súa doutrina, o materialismo histórico, que se presenta como unha explicación científica da sociedade e da historia que permite comprender as convulsións e os cambios sociais que acontecen no século XIX.

As tres primeiras liñas do texto resumen esa tese: a infraestrutura económica é a chave para comprender unha sociedade determinada e os seus procesos de cambio na historia, pois é o fundamento sobre o que se asenta, a estrutura social. A base económica inclúe os recursos produtivos dos que dispón unha sociedade, as tecnoloxías que utiliza, a organización do traballo e as relacións sociais de produción que se establecen.

Sin embargo, para comprender e explicar con rigor unha sociedade é preciso tamén analizar a súa superestrutura, o corpus teórico que se levanta sobre a infraestrutura e que legitima ese modo de produción da vida material. Todos os elementos que a componen están íntimamente relacionados.

Os cambios da estrutura económica conducirán inevitablemente a outros cambios, máis ou menos rápidos, nos diversos ámbitos da superestrutura. Por tanto, a estrutura económica condiciona a superestrutura, aínda que entre ambas se dá unha relación dialéctica.

Na segunda parte do fragmento, Marx explicita de novo esta perspectiva materialista ''o ser social é o que determina a conciencia'', en oposición co idealismo de Hegel, que afirma o papel determinante das ideas na conformación da realidade social.

Entradas relacionadas: