Materia e unidades: magnitudes, propiedades e sistema solar
Clasificado en Química
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,52 KB
— Materia e medidas
A materia é todo aquilo que se pode medir.
As propiedades da materia son aquelas que se pódense medir e diferenciar.
Propiedades
- Intensivas: non dependen do tamaño do corpo que estamos a observar.
- Extensivas: dependen do tamaño do corpo que estamos a observar.
Medir: comparar algo cun patrón de medida establecido.
Magnitude: todo o que se pode medir.
Unidades de medida: patrón que se utiliza para medir unha magnitude.
O sistema de unidades ou de medida é o conxunto de magnitudes e as unidades de medida elixidas para as medir.
Magnitudes básicas
Masa: a masa é a cantidade de materia que ten un corpo.
Volume: o volume dun corpo é o espazo que ocupa ese corpo.
Litro: o litro é unha unidade de capacidade.
Densidade: a densidade é a relación que existe entre a masa e o volume que ocupa un corpo. A densidade é unha propiedade intensiva.
— Sistema solar e universo
As distancias no Sistema Solar acostuman a medirse en unidades astronómicas (UA). Unha UA equivale á distancia media entre a Terra e o Sol (150 000 000 km).
As distancias no universo exprésanse en anos luz. Un ano luz é a distancia que percorre a luz nun ano, propagándose a 300 000 km por segundo.
O Universo está formado esencialmente por galaxias que, á súa vez, están constituídas por estrelas.
As galaxias compóñense tamén de nebulosas e cúmulos estelares.
As estrelas están constituídas basicamente por hidróxeno e helio. Moitas estrelas conteñen sistemas planetarios.
O Sistema Solar está composto polo Sol, planetas, planetas ananos, satélites, asteroides e cometas.
A existencia das estacións no ano débese ao movemento de translación da Terra arredor do Sol, á inclinación do seu eixe de rotación e á constancia desa inclinación.
O fenómeno do día e da noite origínase polo movemento de rotación.
A Lúa amosa sempre a mesma cara porque o seu período de rotación coincide co período de translación da Lúa arredor da Terra.
As mareas son subidas e baixadas do nivel do mar. Este movemento débese, principalmente, ás atraccións da Lúa e do Sol.
Os eclipses de Sol prodúcense cando a Lúa se interpón entre o Sol e a Terra.