Materialismo Histórico: Marx e a Revolución Social

Clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en gallego con un tamaño de 1,89 KB

Marx pensa que a tendencia do capitalismo a concentrar o capital en mans de poucos, converterá paulatinamente á burguesía en clase obreira e permitirá unha conciencia de clase que levará a unha revolución violenta pois os explotadores non cederán pacificamente.

O Materialismo Histórico

É a 'ciencia' marxista da historia:

  • Teses: A historia non é unha mera repetición mecánica de sucesos, senón un desenvolvemento que desprega novas formas de organización social a causa da actividade humana, que transforma a realidade natural por medio do traballo nunha relación dialéctica.
  • O fundamento material da historia é a infraestrutura producida pola dialéctica entre forzas produtivas (capacidade de produción ou traballo) e relacións de produción (que se establecen entre os propietarios e os produtores diretos.

O Mundo do Pensamento

É unha sobreestrutura que xorde da infraestrutura e se relacionan dialecticamente entre si provocando tensións e cambios sociais.

Cando as relacións de produción non se axustan ás modificacións nas forzas produtivas xorde a loita de clases e un período de revolución social.

Tese-antítese-síntese marcan o triángulo dialéctico que configura o progreso histórico.

Modos de Producción

Cada sociedade está configurada de acordo a un modo de produción (conxunto de infraestrutura e superestrutura).

Marx distingue 5 modos de produción: primitivo ou asiático, antigo, feudal, capitalista e socialista.

Para chegar a unha sociedade comunista será necesario actuar sobre a realidade: 'Ata agora os filósofos pensaron de diversas formas o mundo, de agora en diante é necesario transformalo'.

Primeiro paso: a ditadura do proletariado. Segundo paso: a disolución definitiva do Estado, que suporía o final da Historia, entendida como loita de clases.

Entradas relacionadas: