Merlin e familia Álvaro cunqueiro resumen por capitulos
Clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,25 KB
A narrativa en Galicia a partir de 1950: a editorial Galaxia
ContextualizaciónNon será ata a fundación da editorial Galaxia en 1950 cando se retome a publicación de narrativa na nosa lingua despois da Guerra Civil. Malia non ser publicada por Galaxia, a 1ª novela despois da Guerra é A xente da Barreira (1951) de Ricardo Carballo Calero. A novela conta a degradación dunha familia fidalga galega.
Ricardo Carballo Calero (1910-1990), xa publicara antes da Guerra os poemarios Vieiros (1931) e O silencio axionllado (1934) e en 1950 retomará a poesía en galego con Anxo de terra. Os narradores de Galaxia Álvaro Cunqueiro (1911-1981) Ánxel Fole (1903-1986)
Ánxel Fole
A editorial Galaxia publicará os seus primeiros libros de relatos: Á lus do candil. Contos a carón do lume (1953) e Terra brava. Contos da solaina (1955). Estes primeiros libros están ambientados nas terras lucenses do Incio e do Courel e protagonizados por personaxes populares aos que lles acontecen acontecementos que van do cómico ao misterioso, con especial relevancia ás lendas populares galegas.Nun mundo semellante móvese a única peza teatral deste autor, Pauto do demo, publicada en 1958 pola editorial Citania de Bos Aires. Ánxel Fole
Posteriormente, publicará outros dous libros de relatos: Contos da néboa (1973) e Historias que ninguén cre (1981).
Nestes, a ambientación é maioritariamente urbana (a cidade de Lugo), pero mantense o mesmo tipos de personaxes e temáticas.
Álvaro Cunqueiro
Xa coñecido antes e despois da Guerra Civil como poeta, empeza cun Galaxia unha etapa de narrador composta polas novelas:
Merlín e familia (1955)
As crónicas do sochantre (1956)
-Si o vello Sinbad volvese ás illas (1961)
A partir da década de 1960 dará a coñecer tamén en Galaxia os seus libros de relatos:
Escola de menciñeiros (1960)
Xente de aquí e acolá (1971)
Os outros feirantes (1979)
Tamén Galaxia editará en 1958 a súa peza teatral ‘O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca’.
Novelas de Cunqueiro: Características
-Reutilización de mitos literarios (Merlín, Xenebra, Sinbad…) aos que dota dunha nova vida.
Primacía do mundo do fantástico e do imaxinario fronte ao mundo da realidade.
A narrativa de Cunqueiro ten recibido a denominación de “Realismo máxico”, por usar a realidade só como un marco xeral onde se desenvolve a fantasía.
Libros de relatos de Cunqueiro: Características
Historias curtas protagonizadas por personaxes populares (feirantes, menciñeiros, tratantes de madeira, etc), aos que lle suceden feitos cómicos ou misteriosos.
Forte influencia das lendas tradicionais galegas (a Santa Compaña, os meigallos, etc.), compartida con Ánxel Fole.