O Mester de Clerecía e o Mester de Juglaría na literatura medieval española

Clasificado en Matemáticas

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,8 KB

Mester de Clerecía

Desgina una modalidade de poesía que se desenvolve no século XIII con modificacións no século XIV. Está vinculado coas universidades e en concreto á de Palencia.

Características do Mester de Clerecía:

  • Composta por clérigos
  • Representa unha literatura culta
  • Os poemas compóñense a partir das fontes librescas
  • Os clérigos teñen dominio de disciplinas como a gramática, retórica, poética...
  • Son textos para seren lidos que se transmiten a través da lectura
  • Caracterízase pola súa regularidade baseada en fenómenos como a isosilabismo, uso da rima consonante, uso da dialefa

Desenvólvese no século XIII. A partir do xurdimiento da cuaderna vía teremos dous tipos de poesía narrativa: tipo regular (mester de clerecía) e irregular, os cales tamén puideron ser escritos por poetas cultos e non só por xoglares.

Difusión e contextos sociais

¿Como se difundía e en que contextos sociais? Como se difundía – Hai varias opcións: Algun críticos vincularon o mester de clerecía co ámbito cortesán, pensaron que estes textos tiñan un orixe culto. Outros pensaron que os mesteres de clerecía debían ser unha notificación dos mesteres de juglaría que se encargaban a xoglares para que fosen coñecidas. Esta hipótese deféndese pola presenza de alusións á oralidade e de fórmulas épicas. Por tanto estas referencias fanos pensar que a forma orixinal do mester de clerecía sería a lectura en voz alta.

Por outra parte consta que os textos desta modalidade non tiveron unha difusión oral ampla. Por exemplo os poemas de Berceo non debían difundirse máis alá do mosteiro de San Millán de la Cogolla.

Para concluir, aínda que o mester de clerecía foi realizado para a lectura oral orixinariamente, non quita que algún texto se difundise por outros mecanismos.

Para que públicos – principalmente a dous sectores: Aos escolares que formaban o ámbito universitario, os textos cumpren unha formación didáctica e formativa para este tipo de público. Ao círculo clerical que funcionaban dende unha perspectiva didáctica moralizante, cumprirían obxectivos similares aos anteriores.

Mester de Juglaría

Por outro lado temos o mester de juglaría: composto polos xoglares, representa unha literatura culta, os poetas compóñense a partir dos propios feitos ou da inspiración do poeta e non a partir de outros libros, os xoglares non necesitan coñecer disciplinas para crear este tipo de textos, son textos para seren cantados e os xoglares fan unha literatura caracterizada pola súa irregularidade fundamentada en fenómenos contrarios ao isosilabismo, é dicir, anisosilabismo, uso da rima asonante e no descoñecemento da dialefa, uso por tanto da sinalefa.

Entradas relacionadas: