Métodos anticonceptivos: tipos e funcionamento
Clasificado en Informática
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,83 KB
Son todos aqueles procedementos que se empregan para impedir a unión dun óvulo (célula sexual feminina) e un espermatozoide (célula sexual masculina), evitando así a concepción dun novo ser.
Estes procedementos contribúen significativamente na toma de decisións sobre o control da natalidade (número de fillos que se desexan ou non ter), así como na prevención de embarazos non desexados.
Os métodos clasifícanse en:
· Métodos naturais.
· Métodos de barreira.
· Métodos hormonais.
· Dispositivos intrauterinos.
· Métodos quirúrxicos.
Métodos anticonceptivos naturais
Se basan na identificación do período fértil da muller e a abstinencia de manter relacións sexuais neses días.
· Método do ritmo, Ogino Knaus ou calendario: Calcula o día da ovulación baseándose no comportamento das menstruacións durante varios meses. Se transcorren 28 días entre unha e outra menstruación, esa muller estará ovulando o día 14 do seu ciclo, polo que deberá absterse de manter relacións sexuais durante os días férteis.
· Método da temperatura basal: Toma a temperatura corporal diariamente e rexistra graficamente, abstinéndose de manter relacións sexuais durante os sete días anteriores ao día esperado no que aumente a temperatura e os tres días posteriores a dito aumento.
Métodos anticonceptivos naturais (continuación)
· Método Billings: Verifican os cambios producidos no muco cervical do colo uterino nas distintas fases do ciclo menstrual, abténdose de manter relacións sexuais durante a presenza de muco cervical con características de fertilidade.
· Coito interrompido ou coitos interruptus: Consiste na extracción ou retiro do pene da vagina antes de que se produza a ejaculación, de modo que o seme sexa expulsado fóra da vagina e lonxe dos xenitais.
· Método da amenorrea da lactancia (MELA): Baséase no efecto fisiolóxico de amamentar; ao amamentar prodúcese prolactina, hormona que suprime a ovulación.
Métodos anticonceptivos de barreira
Baséanse no emprego dun dispositivo ou substancia que impide o paso dos espermatozoides ao útero da muller.
· Preservativo ou condón masculino: É un dispositivo elástico de látex que recobre o pene, cuxo obxectivo é reter o produto da ejaculación no interior do dispositivo evitando o paso de espermatozoides cara á vagina.
· Preservativo ou condón feminino: É un dispositivo tubular parecido ao condón masculino; presenta dous aneis, que teñen como función a adaptación e suxeición no fondo da vagina sobre o colo uterino e manter a entrada do dispositivo no exterior, evitando a súa introdución vaginal durante o coito.
Os preservativos ou condóns, masculinos e feminino, son o único método anticonceptivo que evita a transmisión de enfermidades de transmisión sexual.
Métodos anticonceptivos de barreira (continuación)
· Espermicidas: Son substancias químicas que impiden ou alteran a mobilización dos espermatozoides.
· Capuchón cervical: É unha especie de sombreiro que se coloca no colo do útero, evitando así o paso dos espermatozoides ao interior do mesmo. Utilízase en conxunto con espermicidas.
· Esponxa cervical: É unha esponxa que se coloca no fondo da vagina sobre o colo uterino, impregnada en espermicida, para previr o paso de espermatozoides ao interior do útero.
· Diafragma: É un dispositivo de látex ou silicón que se inserta na vagina, previa aplicación dun espermicida. Comporta como unha barreira físico-química que impide o paso dos espermatozoides cara ao interior do útero.