Miguel Mihura: O mestre do teatro cómico español
Clasificado en Matemáticas
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,46 KB
Nacido en Madrid, en 1905, o seu interese polo teatro foi movido polo seu pai, que era actor.
A súa traxectoria comeza con Tres sombreros de copa, escrita en 1932, pero o seu estreo é en 1952. Todo o seu teatro posterior está por debaixo desta. En Tres sombreros de copa proxéctanse dúas experiencias persoais do seu autor: dunha parte, unha viaxe que fixo xunto cunha compañía cómica, na que se namorou dunha bailarina e doutra, unha ruptura sentimental cunha nai suya. A obra apartase do teatro cómico. Trátase dunha farsa que nos pon tristes. Baixo o disfraz da burla, escondese un tema tráxico: a frustración absurda. Dionisio, o protagonista, viviu nun mundo convencional e gris, no que vai instalarse mediante o seu matrimonio. Pero, de súpeto, nunha noite, descobre outro mundo, outra vida. A revelación dunha liberdade paradisíaca. Enfrontanse así na obra dous mundos e dúas concepcións de vida: unha vida prosaica e ridícula, fronte a outra poética e hermosa. Dunha parte, a vida burguesa, cun mundo ben regulamentado, serio, aburrido, cursi e hipócrita. Doutra parte, un mundo de liberdade, alegría, imaxinación, o inesperado, un mundo no que conviven os xogos da infancia e o amor apaixonado. Ante o protagonista xurde a posibilidade de cambiar de vida, pero non acertará a facelo. A felicidade foi só un soño.
A estrutura da obra son: tres actos, planteamento, nó e desenlace. Tamén hai tres unidades clásicas: acción, lugar e tempo. É neste marco que se presentan situacións insólitas e diálogos descabelados, pero perfectamente ensamblados entre si dando a idea xeral de fluidez e mobilidade. A comicidade da obra susténtase a partir de tres elementos: os caracteres, as situacións e os diálogos.
Respecto aos personaxes, o protagonista, Dionisio, preséntase tímido e cursi. Ten un traballo aburrido e un noivado insulso nun mundo convencional. O personaxe é un anti-heroe. Paula é a alegría, a beleza, a imaxinación e o rexeitamento dos convencionalismos. É a antítese á virtuosa señorita coa que se vai casar Dionisio. Os demais personaxes, ás veces grotescos, son os que necesita o autor para desenvolver a farsa. O Odioso señor encarna o poder do diñeiro e a moral hipócrita burguesa. Tres sombreros de copa é considerada un hito na historia do teatro español contemporáneo. Representa un precedente do teatro do absurdo, aínda que realmente non existe en Mihura unha filosofía existencial, aínda que si unha visión pesimista e desencantada da vida. Pola súa parte, as situacións e a linguaxe absurda proceden das vangardas.
Vinte e tres comedias componen a produción total de Mihura. Tras a súa primeira obra escribiu tres comedias en colaboración con outros autores: ¡Viva lo imposible!, Ni pobre ni rico, sino todo lo contrario e El caso de la mujer asesinadita. Tras un paréntesis, escribe El caso de la señora estupenda, evidente desexo de plegarse aos gustos do público burgués en busca de éxito. En 1959 escribe Maribel y la extraña familia, en 1963 La bella Dorotea e en 1964 Ninette y un señor de Murcia, onde o seu tono se fai máis conformista e convencional.
Mihura é a primeira figura do teatro cómico español de posguerra. É indiscutible a súa capacidade para urdir tramas sorprendentes. O seu manexo dos recursos escénicos e a súa habilidade no diálogo. Á súa imaxinación e ao seu humor, van unidas a tenrura e a poesía.