O Mito da Caverna de Platón: Realidade e Coñecemento

Clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en gallego con un tamaño de 3 KB

O Mito da Caverna e o Mundo das Ideas

O mito da caverna mostra que aquilo que percibimos cos sentidos (o mundo sensible) non é a verdadeira realidade, senón unha copia ou ilusión. Platón quere demostrar a existencia dun mundo máis verdadeiro, o mundo das ideas, onde se atopan as formas perfectas de conceptos como a beleza, a xustiza ou a bondade.

No mito, os prisioneiros están encadeados nunha caverna e só ven sombras na parede, crendo que esas sombras son a realidade. Cando un se libera e sae ao exterior, a luz do sol ao principio deslúmbrao, pero logo comprende a verdadeira realidade. O sol representa o ben e a verdade. Ao volver á caverna, os demais non lle cren e acábano matando.

A Estrutura do Fragmento

Platón amosa que aceptar a verdade é difícil cando se está afeito á ignorancia, e que só quen busca a verdade coa razón pode alcanzar o auténtico coñecemento, pertencente ao mundo das ideas. A estrutura do fragmento divídese en tres partes:

  • Primeira parte: Os prisioneiros ven sombras e representan o mundo sensible e da ignorancia.
  • Segunda parte: Un prisioneiro comeza a saír da caverna, adaptándose á luz, simbolizando a educación da alma e a transición ao mundo intelixible.
  • Terceira parte: Contempla o sol, que representa a idea do ben, fonte de coñecemento e nivel máis alto do pensamento.

Conceptos Fundamentais en Platón

Segundo Platón, o mundo sensible é cambiante e imperfecto, mentres que o mundo das ideas é eterno e perfecto, onde están as verdadeiras esencias. Conceptos fundamentais:

  • Razón: Coñecer máis aló dos sentidos.
  • Mundo sensible: Aparencias falsas.
  • Lume: Percepción limitada.
  • Sol: O ben, fonte de verdade.
  • Subida ao mundo superior: Liberación da ignorancia.
  • Ben: Causa de todo o xusto, fermoso e verdadeiro.
Crítica Persoal e Comparación con Aristóteles

O texto fala da busca do verdadeiro coñecemento. Hoxe moitas persoas permanecen "encadeadas" ás aparencias, vendo só unha parte da realidade, por exemplo nas redes ou nos medios. Para cambiar isto, é necesario reflexionar de forma crítica e contrastar a información.

Aristóteles criticaba o dualismo extremo de Platón: para el, o coñecemento comeza polos sentidos e feitos observables; a idea do ben non existe separada, senón que se manifesta nas accións humanas e na busca da felicidade (eudaimonía). Unir razón e experiencia diaria é o camiño cara ao verdadeiro coñecemento. En conclusión, Aristóteles sostén que o verdadeiro coñecemento combina reflexión racional e experiencia diaria, rexeitando a teoría das ideas de Platón.

Entradas relacionadas: