O modernismo na literatura hispanoamericana: características e autores principais
Clasificado en Matemáticas
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,28 KB
El modernismo é un movemento literario iniciado en Hispanoamérica durante a segunda metade do século XIX. O modernismo colleu características do parnasianismo (a perfección formal) e do simbolismo (uso de símbolos). O espírito modernista foi propiciado polo anticolonialismo, o sistema político burgués, e a mercantilización da cultura. Os seus temas principais son a necesidade de evasión da sociedade actual, a sensualidade e o erotismo mediante o uso da figura da muller fatal, actividades anti burguesas como o refinamento do dandismo, o radicalismo antisocial da bohemia ou temas fantásticos ou misteriosos que exaltan o irracional sobre o racional debido á crise espiritual da época. Os modernistas desenvolveron un estilo propio baseado no uso dunha sintaxe impresionista, o uso de símbolos como o cisne, o xardín ou a tarde para transmitir ideas subxectivas, manifestan o seu desexo de evasión mediante o uso de sinestesias, a dobre adxectivación, aliteracións, un léxico elevado e usando unha métrica clásica.
Rubén Darío
Un dos principais autores do modernismo é o poeta nicaragüense Rubén Darío, foi quen introduciu o movemento en España cando viaxou ao país en 1892. As principais obras de Rubén Darío son as Prosas profanas, Cantos de vida y esperanza e Azul, esta última foi a súa obra máis destacable. Azul é considerada a principal do período modernista, consta de tres partes, dúas en prosa e unha en verso. Cuentos en prosa é un conxunto de contos breves nos que se nota a influencia do parnasianismo. Toca temas variados como a beleza artística e a vitalidade prisioneira. En Chile é un conxunto de contos nos que abundan os motivos mitolóxicos nos que se fai evidente o desexo modernista de crear mundos artificiais. El año lírico son as composicións poéticas de Azul están dedicadas a temas típicos do modernismo como o amor sensual, a forza vital e a creación artística.
Manuel Machado
Manuel Machado foi un dos mellores modernistas españoles en cuxa obra se aprecia a influencia de Rubén Darío, a poesía de Machado pasou por dúas etapas, en un principio dáballe gran protagonismo aos elementos sensoriais, pero evoluciona cara unha poesía máis simbólica. As obras principais de Machado son, Alma que é un conxunto de recreacións da copla andaluza, El mal poema que é un conxunto de poemas que retratan a vida nocturna e bohemia, Cante hondo que son poemas que recrean o estilo popular de Andalucía.
Generación del 98
A xeración do 98 é un conxunto de autores preocupados pola situación do país, que estaba a atravesar unha dura crise. As súas características comúns son as súas ideas liberais, a súa idade aproximada, e a súa crítica cara á situación de España. Os temas das súas obras están relacionados coas súas posturas políticas, económicas ou sociais como pode ser a rexeneración de España ou o existencialismo. O estilo xeral destes autores é a súa naturalidade e sobriedade, polo que as súas novelas destacan pola súa escasa acción e o seu tono reflexivo, a súa poesía fuxe do sensualismo e o seu ensaio convértese nun modo de difusión para as súas ideas.