Modernismo e Vangarda na Literatura Galega
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,64 KB
Modernismo
Características
O Modernismo, nalgúns temas, busca a evasión e fai primar a ambientación exótica, a forza sensorial e a musicalidade. A esta primeira modalidade pertencen obras como No Desterro, Vento mareiro, Da terra asoballada, A rosa de cen follas ou Da miña zanfona.
Poesía narrativa
O bendito san Amaro, de carácter narrativo, refírese á lenda deste santo. Samos, un relato didáctico e descritivo sobre a vida e obra deste mosteiro, onde descansara durante a súa vellez.
O máis alto expoñente da súa creatividade é Na noite estrelecida, que xorde no momento de máximo esplendor do galleguismo: a época de Nós, do Seminario de Estudos Galegos... Cabanillas toma a materia de Bretaña para relacionala con Galicia: o Grial atopado no Cebreiro, a espada Excalibur está na illa de Sálvora...
En canto ao estilo, está cargado de forte simbolismo e posúe unha densa adxectivación propia das pezas de influencia modernista. En canto á métrica, combina romances e pareados alexandrinos, comúns no Modernismo.
Teatro
A petición de Antón Vilar Ponte, compuxo dúas pezas teatrais: A man da santiña, primeiro intento de comedia burguesa, e O Mariscal, traxedia histórica en verso, centrada en Pedro Pardo de Cela, símbolo da rebelión fronte a Castela e das aspiracións de autogoberno. O seu teatro caracterízase como poético, modernista no estilo e con tendencia á mitificación de ambientes e personaxes.
Movementos de Vanguardia
Modernización da Literatura
Prodúcese un movemento xeneralizado de modernización da nosa literatura a todos os niveis. A poesía non foi allea a este proceso. Así, a comezos do século, prodúcense no ámbito poético, coa coñecida Xeración do 25, os primeiros intentos de achegamento aos movementos de vangarda europeos e a superación da poesía feita no Rexurdimento.
É o momento de publicación de revistas nas que se presentan as ideas vangardistas, de obras de clara influencia surrealista ou creacionista, e sae do prelo o primeiro manifesto poético galego: o Manifesto "Máis alá" de Manuel Antonio.
Tendencias da Vanguardia Galega
- Vangarda plena: representada polo creacionismo de Manuel Antonio (sería a verdadeira vangarda galega), o ultraísmo de Euxenio Montes e o surrealismo de Cunqueiro.
- Vangarda matizada: representada polo movemento hilozoísta de Amado Carballo e a vangarda creacionista, polo neotrobadorismo de Bouza Brey e Cunqueiro.