Monarquía Hispánica: Reis Católicos, Austrias Maiores e Menores
Clasificado en Historia
Escrito el en
gallego con un tamaño de 16,11 KB
A Nova Monarquía dos Reis Católicos (Isabel de Castela e Fernando de Aragón)
- O seu matrimonio en 1469 uniu Castela e Aragón, pero non creou un estado único, senón unha unión dinástica: cada reino conservou as súas leis, institucións e moeda propias.
- O obxectivo principal foi reforzar o poder real fronte á nobreza e o clero.
Reformas Políticas e Administrativas
- Consello Real: principal órgano de goberno; formado por letrados e secretarios. Creáronse tamén outros consellos (Inquisición, Facenda, Indias…).
- Vicerreis: representantes do rei nos distintos reinos.
- Audiencias e Chancelerías: tribunais de xustiza en Valladolid, Granada, Galicia, etc.
- Santa Irmandade (1476): corpo policial e xudicial.
- Correxedores: representantes reais nas cidades, encargados da orde e da xustiza.
- Exército permanente baseado nos terzos.
- Cortes: mantiveron funcións de aprobar leis e impostos, pero con menor poder.
Unidade Relixiosa
- Promoveron o catolicismo como relixión única.
- Crearon o Tribunal da Inquisición para perseguir herexías e controlar ideoloxicamente.
- En 1492, expulsaron os xudeus que non se converteron ao cristianismo.
O Imperio Español no Século XVI
- Carlos I formou un gran imperio grazas ás herdanzas familiares:
- Por parte materna (Reis Católicos): Castela, Aragón, Nápoles, Sicilia, Sardeña e América.
- Por parte paterna (Habsburgo): Austria, Países Baixos, Franco Condado e Luxemburgo, ademais do título imperial alemán.
- Ao abdicar, Carlos I dividiu o imperio:
- O seu irmán Fernando recibiu o Imperio Alemán e Austria.
- O seu fillo Felipe II quedou con España, América, Flandres, Nápoles, Sicilia e Milán.
- A monarquía era moi extensa e dispersa, o que dificultaba o control e provocaba conflitos.
- O centro político situouse en Castela, con Madrid como capital desde 1560.
- Os reis gobernaban de forma autoritaria, pero respectando as leis de cada reino.
Principais Conflitos e Políticas de Felipe II
- Defensa do catolicismo fronte ao protestantismo, os mouriscos e os xudeus.
- Rebelión dos Países Baixos (1568–1648):
- Causas: impostos excesivos, intolerancia relixiosa e perda de autonomía.
- Apoio de Inglaterra e Francia aos rebeldes.
- Resultado: independencia dos Países Baixos en 1648.
- Anexión de Portugal (1580–1640):
- Felipe II herdou o trono ao morrer o rei Sebastián sen sucesor.
- Incorporouse o Imperio portugués (África, Asia e América), mantendo as súas leis e institucións.
- Guerra contra Inglaterra (1588):
- Motivos: apoio inglés aos rebeldes flamencos e ataques corsarios.
- Felipe II organizou a Armada Invencible para invadir Inglaterra e restaurar o catolicismo.
- Fracaso total pola superioridade inglesa e as tormentas.
A Crise do Século XVII
1. Aspectos Socioeconómicos
- O século XVI fora de expansión económica e demográfica, pero no século XVII chegou unha forte crise.
- Descenso da poboación: pasou de 8 a 7 millóns de habitantes debido ás guerras, epidemias, malas colleitas, emigración a América e á expulsión dos mouriscos (1609).
- Agricultura en decadencia: despoboamento do campo, fame e redución do gando da Mesta pola falta de pastos e pola caída da demanda.
- Industria e comercio en crise: perda de mercados europeos, descenso das exportacións, suba de impostos e empobrecemento xeral da poboación.
- Desigualdade social:
- A nobreza e o clero mantiveron os seus privilexios e exencións fiscais, pero non investiron en actividades produtivas.
- O campesiñado e a pequena burguesía empobreceron, aumentando a desigualdade.
- Crise financeira:
- A Facenda Real sufriu bancarrotas (desde 1556) polos elevados gastos cortesáns e guerras continuas.
- A chegada de ouro e prata americanos provocou inflación e non se utilizou para desenvolver a economía produtiva.
- No noroeste peninsular, a introdución de cultivos americanos (millo e pataca) mitigou parcialmente os efectos da crise.
2. Aspectos Políticos
- Tras a morte de Felipe II (1598), gobernaron os Austrias menores: Felipe III, Felipe IV e Carlos II.
- Estes monarcas cederon o poder aos validos, ministros que gobernaban en nome deles. Moitos destacáronse pola corrupción e ineficacia.
- O máis importante foi o Conde-Duque de Olivares, valido de Felipe IV, que intentou reformar e centralizar a Monarquía.
As Reformas de Olivares
- No Gran Memorial, propuxo:
- Reducir o poder da nobreza e do clero.
- Impulsar a economía mediante políticas mercantilistas e proteccionistas.
- Uniformizar leis e administracións seguindo o modelo de Castela.
- Promoveu a Unión de Armas, que buscaba repartir equitativamente entre todos os reinos os impostos e o recrutamento militar.
Consecuencias Políticas
- As reformas de Olivares xeraron resistencia e revoltas:
- Revolta de Cataluña (1640–1652): provocada pola presión fiscal e militar; Cataluña buscou apoio en Francia. Finalmente foi recuperada por Felipe IV en 1652, mantendo os seus foros, pero Francia quedou co Rosellón.
- Independencia de Portugal (1640–1668): o duque de Braganza foi proclamado rei; España recoñeceu a independencia en 1668.
- O fracaso das reformas e as derrotas militares debilitaron a monarquía. Olivares foi destituído en 1643.
- A perda da hexemonía internacional e o esgotamento económico deixaron unha monarquía en decadencia.
Economía e Sociedade na Galicia dos Austrias
1. Aspectos Socioeconómicos
- A economía galega era fundamentalmente agrícola: máis do 80% da poboación vivía do campo.
- Século XVI: etapa de crecemento económico e demográfico, ligada á situación estratéxica de Galicia nas rutas comerciais atlánticas, que impulsou o comercio e a artesanía.
- A agricultura mantivo o sistema feudal tradicional, baseado no cultivo de cereais (trigo e centeo) e no barbeito. Isto permitiu o crecemento da poboación, sobre todo nas vilas costeiras (Coruña, Pontevedra, Vigo, Baiona, etc.).
- A pesca foi unha actividade destacada, con gremios de mareantes moi influentes, especialmente en Pontevedra.
- A finais do XVI apareceron crises de subsistencia por malas colleitas, fame e pestes, que causaron descensos da poboación.
- A economía era de subsistencia, con poucos excedentes e forte presión fiscal (décimos e rendas señoriais). Moitos campesiños emigraban ou complementaban ingresos con tarefas domésticas como o fiado de liño.
Recuperación no Século XVII
- A partir da segunda metade do século XVII houbo unha recuperación económica e demográfica.
- Chegaron novos cultivos de América: millo (desde 1630) e pataca, que aumentaron a produtividade e permitiron reducir o barbeito.
- Isto favoreceu o crecemento da poboación, facendo de Galicia unha das rexións máis poboadas de España (máis dun millón de habitantes a finais do século XVII).
- Na Galicia costeira, o mar complementaba a economía agrícola, pero a pesca seguía sendo de subsistencia ata o século XVIII, cando se introduciron melloras técnicas (arte do arrastre e fábricas de salgadura).
- Os portos galegos (Vigo, Pontevedra, Coruña, Baiona) comerciaban con cidades españolas e europeas, exportando peixe, viño e madeira, e importando cereais, sal e manufacturas.
2. Aspectos Sociais e Estruturais
- A sociedade galega era estamental e señorial, propia dun sistema feudal, cunha forte desigualdade e escasa mobilidade social.
- O poder baseábase na propiedade da terra, concentrada na nobreza e o clero, que cobraban rendas aos campesiños.
Grupos Sociais Principais
- Alta nobreza: familias como os Andrade, Lemos, Soutomaior, Sarmiento e Monterrei. Participaban na política da Monarquía Hispánica e adoitan residir fóra de Galicia.
- Clero: moi poderoso, posuía gran parte das terras e rendas agrarias, con influencia territorial e xurisdicional.
- Fidalguía: baixa nobreza que se enriqueceu xestionando as terras dos grandes señores e cobrando foros. Construíron pazos como símbolo do seu poder.
- Campesiñado: representaba arredor do 80% da poboación. Traballaban terras alleas baixo réximes de foro ou arrendamento e vivían en condicións moi precarias.
- Pobo urbano: escaso. As principais cidades eran Santiago (centro relixioso), A Coruña (sede administrativa) e Pontevedra (pesca e salgadura). Nelas traballaban artesáns organizados en gremios e comerciantes dedicados ao intercambio de produtos.
A Conquista e Colonización de América: Leis de Indias, Rev. dos Prezos
A conquista desenvolveuse en dous momentos principais:
- Hernán Cortés (1519–1521): conquistou o Imperio Azteca ou Mexica, despois de alianzas con pobos inimigos de Moctezuma. En 1522, toda a meseta mexicana estaba xa en mans dos españois.
- Francisco Pizarro (1532–1533): conquistou o Imperio Inca, que comprendía o actual Perú, Ecuador e parte de Bolivia.
- Tamén se fundaron núcleos menores en zonas da Pampa e o Río da Prata (Arxentina e Paraguai).
- As novas terras pasaron a depender da Coroa de Castela, que estableceu un monopolio sobre o comercio e a emigración.
- Organizouse un sistema político-administrativo similar ao peninsular:
- Virreinatos: Nova España (México e Centroamérica) e Perú (América do Sur).
- Audiencias: órganos xudiciais e de goberno.
- Gobernacións, Correxementos e Alcaldías para administrar os territorios.
- Creáronse as Leis de Indias, que reunían as disposicións sobre o goberno, relixión, economía e dereitos dos indíxenas:
- Inspiradas nas Leis de Burgos (1512) e nas Leis Novas (1542).
- Buscaban protexer os indíxenas dos abusos, recoñecerlles dereitos e establecer unha administración xusta, aínda que na práctica moitas disposicións non se cumpriron.
- En 1542 fundouse o Consello de Indias, máximo órgano de goberno e xustiza para os territorios americanos, baixo autoridade directa do rei.
Aspectos Económicos
- América foi unha enorme fonte de recursos para Castela:
- A Coroa reservábase o quinto real (20%) de todos os metais preciosos.
- As minas máis importantes foron Potosí (Perú, 1545) e Zacatecas (México).
- O mercurio de Huancavelica permitía refinar a prata.
- As terras foron repartidas entre os conquistadores mediante o sistema de encomenda (no campo) e mita (nas minas):
- Ambos obrigaban os indíxenas a traballar para os colonos, supostamente a cambio de protección e evanxelización.
- Estes sistemas provocaron abusos graves, denunciados por Bartolomé de las Casas, o que levou á súa reforma polas Leis Novas.
- O forte descenso da poboación indíxena debido ás enfermidades e explotación levou á importación de escravos africanos, sobre todo nas Antillas.
Comercio e Monopolio
- Todo o comercio coas Indias era controlado pola Casa de Contratación de Sevilla (1503).
- Só os portos de Sevilla e Cádiz podían comerciar con América.
- O sistema de Frotas e Galeóns protexía os barcos contra a piratería.
- América enviaba a Europa metais preciosos, cacao, tabaco, cochinilla e produtos tropicais, mentres Castela exportaba viño, aceite, armas, ferramentas e tecidos.
- A chegada masiva de prata provocou a chamada “revolución dos prezos”, unha forte inflación en toda Europa.
- Gran parte do ouro e prata americanos serviu para financiar as guerras europeas dos Austrias, terminando en mans de banqueiros estranxeiros (alemáns e xenoveses), polo que tivo pouco efecto positivo na economía castelá.
Intercambio de Produtos
- Houbo un intercambio biolóxico e cultural importante:
- Desde América: millo, pataca, tomate, cacao, tabaco.
- Desde Europa: trigo, viño, oliveira, cabalos, porcos e gando vacún.
Aspectos Sociais e Demográficos
- A conquista supuxo unha catástrofe demográfica para os pobos indíxenas:
- A poboación da meseta mexicana pasou de 25 millóns a apenas 1 millón en 1600.
- As principais causas foron as enfermidades europeas (varíola, gripe, sarampelo) e o traballo forzoso.
- Os indíxenas foron explotados e sometidos a traballos duros, aínda que legalmente recoñecidos como súbditos libres.
- Os escravos africanos foron introducidos para substituír a man de obra indíxena, especialmente nas plantacións das Antillas.
- A sociedade colonial organizouse de forma xerarquizada e racial:
- Españois peninsulares → Criollos (descendentes de españois) → Mestizos → Indíxenas → Negros.