Movemento Natural e Migratorio da Poboación en España

Clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,32 KB

Desequilibrios Territoriais no Movemento Natural

O movemento natural é o crecemento ou decrecemento da poboación dun lugar por causas naturais. Actualmente, todas as Comunidades Autónomas posúen baixas taxas de natalidade, de mortalidade e de crecemento natural. As súas causas pódense dividir en:

  • Causas herdadas: o distinto comportamento tradicional da natalidade e as diferenzas de desenvolvemento económico, causantes das migracións.
  • Causas actuais: os novos factores de desenvolvemento económico a partir da crise e a inmigración estranxeira.

Comunidades con Maior Dinamismo Demográfico

Estas comunidades contan, respecto á media española, con taxas de natalidade máis elevadas, taxas de mortalidade máis baixas e crecemento natural máis alto. En xeral, presentan unha estrutura demográfica relativamente máis nova, causada por un comportamento tradicional máis natalista, por ser foco de inmigración interna en épocas pasadas.

Comunidades en Declive Demográfico

Estas teñen, respecto á media española, taxas de natalidade máis baixas, taxas de mortalidade máis altas e crecemento natural máis baixo. Presentan unha estrutura demográfica envellecida, por sufrir unha intensa emigración en épocas pasadas, pola prolongada incidencia da crise industrial de 1975, e por contar na actualidade con menor inmigración estranxeira.

Movementos Migratorios

En España, as migracións foron un feito decisivo que segue condicionando moitas características actuais da poboación. As migracións son os desprazamentos de poboación no espazo, xeralmente por causas económicas ou sociais.

Migracións Interiores

Son os movementos de poboación dentro das fronteiras do país. Pódense distinguir varios tipos:

  • Migracións laborais: responden a motivacións de traballo e están protagonizadas por adultos novos.
  • Migracións residenciais: están protagonizadas por mozos que buscan vivendas baratas e por adultos novos de clase media que desexan residir en áreas con calidade medioambiental.
  • Migracións de retorno: supoñen o regreso de poboación ás áreas emigratorias de procedencia.
  • Movementos habituais ou pendulares: son desprazamentos periódicos por motivo de traballo ou estudo e de lecer.

Migracións Exteriores

Son os movementos de poboación fóra das fronteiras do propio país. A evolución das migracións exteriores españolas pódese describir do seguinte xeito:

  • Migracións transoceánicas históricas: Foron significativas ata mediados do século XX.
  • Período 1975-2008: As saídas ao exterior foron escasas, grazas á mellora do nivel de vida en España.
  • A partir de 2004: Observouse un aumento continuado da emigración, mesmo durante o boom económico. Este fenómeno estivo relacionado co desexo de atopar traballos mellor remunerados, oportunidades de formación ou experiencias laborais máis interesantes.
  • A partir de 2008: A crise económica provocou un incremento considerable da emigración exterior, motivada principalmente polo desemprego en España.

Entradas relacionadas: