Nacemento da Literatura Infantil Galega: Irmandades e Obras Clave
Clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 4,78 KB
Nacemento da Literatura Infantil Galega (1916-1927)
A partir de 1916 comezan a aparecer moitas Irmandades da Fala, cuxo obxectivo era lingüístico e político: expandir a fala e o galeguismo. A Irmandade da Coruña (na Praza de María Pita), liderada por Víctor Casas Rey, destacaba por unha vertente progresista, onde nacerán as Escolas do Ensino Galego en 1921.
Estas foron as primeiras escolas galegas para expandir a fala e os valores galeguistas. Eran mixtas e funcionaban para os fillos e fillas dos irmandiños/as (os afiliados á Irmandade). As escolas eran fundamentalmente castelás, xa que había unha gran falta de textos escolares e literarios escritos en galego para o alumnado. Por iso, grazas á acción dos irmandiños/as, nace a literatura infantil galega.
A Primeira Produción: Contos para Nenos (1921)
Foi en 1921 cando Bernardino Varela do Campo, un dos membros máis activos, xunto coa súa muller Elvira Bao Maceiras, unha das primeiras mestras, e Víctor Casas, deciden poñerse en contacto con persoas destacadas no panorama cultural galego.
A Vicente Risco, que foi un referente, a pesar de ser o foco do movemento nacionalista galego e constituír a Irmandade Nacional Galega na Coruña, encárgaselle adaptar unha serie de contos para as escolas. Este constrúe varios documentos de tradición galega e recolle tres contos da literatura oral galega en Contos para nenos, coas ilustracións de Álvaro Cunqueiro.
Análise de “Contos para nenos”
Os contos recollidos son:
- “A dona encantada”
- “O rei avarento”
- “O labrego e máis o rei”
Os dous primeiros contos falan de mouras, pero non se refiren aos árabes como tal. En realidade, estase a falar dunha época pretérita onde a cultura galega aínda non sufrira ningún tipo de contaminación abrasiva, como a que sufriría cando foi sometida pola cultura castelá.
O conto “O labrego e máis o rei” presenta outro tipo de problemática. É unha adaptación da tradición literaria navarra coa oral galega, onde se recrea unha historia sobre o encontro entre un labrego e o rei de Navarra. O labrego contacta co rei, ao que acaba gañando nas lides da intelixencia, xa que era unha personaxe con formación cultural e política, a pesar do seu aspecto.
O Parón e a Retomada (1923-1927)
O golpe de estado de Primo de Rivera impediu as publicacións de Contos para nenos, xa que o obxectivo era castelanizar o estado e o ensino. Por iso, a produción literaria galega tivo que agardar ata 1927, cando a Irmandade da Coruña decide poñerse en contacto de novo con outros referentes culturais galegos.
Novas Obras de Autor (1927)
“Conto de guerra” (Camilo Díaz Baliño)
Camilo Díaz Baliño escribiu Conto de guerra, cargado de ideoloxía libertaria. Relata a defensa dun fidalgo respecto da invasión francesa na Guerra da Independencia. É un conto para que os nenos galegos recoñezan o valor dos devanceiros, que non toleraban ningún tipo de invasión.
“Margarida a da Sorrisa d'Aurora” (Evaristo Correa Calderón)
Outro autor destacado foi Evaristo Correa Calderón, piar da corrente lingüística rexeneracionista, quen tiña confrontacións con Vicente Risco polas diferenzas ideolóxicas. Grazas a Ánxel Casal e á Editorial Nós, publicouse o primeiro conto infantil de autor en 1927, titulado Margarida a da Sorrisa d'Aurora.
Comentario de “Margarida a da Sorrisa d'Aurora”
É unha obra infantil que trata a problemática do machismo, a dos contos de fadas e o reintegracionismo. A historia acontece nun tempo antigo, no país da Felicidade.
Unha fada atopou abandonada a unha nena e púxolle por nome Margarida, porque era branca e dourada coma as flores. Non choraba nunca e só sabía sorrir, así que os xograres déronlle o alcume de Margarida a da Sorrisa d'Aurora. Margarida, que tiña 15 anos e todo nela era dozura, vivía coa súa avoa nunha situación de pobreza, para que non tivese orgullo da súa fermosura.
Moitos homes querían casar con ela, pero ela rexeitábaos porque non tiñan corazón. Un día apareceu un poeta, que tiña un corazón que lle enchía o peito e non podía ofrecerlle nada máis, polo que Margarida accedeu.
O rei do país da Felicidade non ten sucesor, e decidiu que o sucedería a muller co sorriso máis belido, e escolleu a Margarida. Cando o Poeta acudiu para bicala na fronte, o rei decatouse da semellanza do Poeta co fillo que lle roubaran, por unha marca dun trevo. Finalmente, o reino ten sucesor e Margarida casa co Poeta.