A Narrativa Galega no Século XX: Evolución, Autores e Xéneros

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,31 KB

A Narrativa Galega a Finais do Século XX

A finais do s. XX, a literatura galega tivo un gran desenvolvemento que afectou a tódolos xéneros. A narrativa tivo un papel preponderante, asumindo novas modalidades como a novela policial, a ficción científica ou a narrativa erótica.

Factores Clave na Consolidación Literaria Galega

Diversos elementos propiciaron esta multiplicación e consolidación do noso sistema literario:

  • Cambios políticos: A chegada da democracia, a escolarización en galego e o consecuente aumento de lectores.
  • Premios literarios: A convocatoria de premios contribuíu a renovar o discurso narrativo e serviu de plataforma para dar a coñecer a moitos autores.
  • Ampliación editorial: Ampliouse o mundo editorial galego (Xerais, Sotelo Blanco, A Nosa Terra), resultando en máis títulos e lectores.
  • Profesionalización do escritor.

Autores Representativos e Tendencias

Coexisten autores de distintas idades e tendencias que xa se deran a coñecer antes de 1975.

Xosé Luís Méndez Ferrín: O Macrotexto Único

A súa obra constitúe un macrotexto dotado de grande unidade no que se repiten temas, personaxes e espazos.

Características da Obra de Méndez Ferrín

  • Preocupación polos problemas de Galicia.
  • Flutuación entre o real e o ficticio.
  • Recorrencia ao mundo dos soños e presenza do misterioso.
  • Creación de espazos literarios e desenlaces sorprendentes.
  • Predominio da violencia e a morte.

(Exemplos destacados: Amor de Artur, Arraianos).

Carlos Casares (1941-2002)

O seu estilo caracterízase pola linguaxe depurada, o tratamento de conflitos sociais ou o estudo da alma humana, e a ambientación urbana. (Exemplo: O sol do verán).

Outros Autores Destacados por Xeración

  • Nados nos 40: Agustín Fernández Paz.
  • Nados nos 50: Manuel Rivas.
  • Nados nos 60: Xosé Carlos Caneiro.

Tendencias Actuais e Xéneros Máis Relevantes

As publicacións actuais presentan unha grande heteroxeneidade. Pódense distinguir tres tendencias principais:

1. Exploración de Xéneros Foráneos e de Quiosco

Isto inclúe a exploración de xéneros foráneos como o western (A morte de Frank Glez) e a ficción científica (Reportaxe cósmica, de Xosé Fdez. Ferreiro), coa tentativa de crear unha novela de quiosco na nosa lingua. O xénero máis consolidado actualmente é a novela policial (Crime en Compostela, 1984).

2. Narrativa Infantil e Xuvenil

Esta tendencia é consecuencia directa da introdución do galego no ensino, convertendo a moitos artistas en referentes para os máis novos.

3. Narrativa Enraizada na Tradición e Histórica

Inclúe a narrativa máis enraizada na tradición, como a materia de Bretaña (Amor de Artur de Méndez Ferrín). Destaca tamén a narrativa histórica, como O triángulo inscrito na circunferencia de Víctor F. Freixanes, que prestou especial interese á Guerra Civil.

Entradas relacionadas: