O naturalismo nos Pazos de Ulloa: análise e reflexión

Clasificado en Física

Escrito el en gallego con un tamaño de 2 KB

1. Naturalismo nos Pazos de Ulloa

Os naturalistas dicían que o individuo estaba determinado polo medio ambiente, e na obra o tema da natureza articúlase a través da descrición da vida aldeá (cuadros e escenas costumistas e pintorescas) e da natureza (ciclo das estacións).


Do naturalismo francés utilizáronse técnicas narrativas e descritivas, así como a presenza de certas realidades na novela. O reflexo da miseria material e moral, a conciencia de certos condicionamentos sociais, a pintura de ambientes turbios e de situacións difíciles.

Notamos unha gran rivalidade entre a natureza e a civilización nos personaxes da novela, xa que están deseñados de maneira que son parellas opostas que representan o mundo rural e o urbano ou o natural e o ‘civilizado’. Por exemplo: Nucha e Sabel son a correlación de forza e sensualidade fronte a debilidade e sentimentos. Rita, a irmá de Nucha, é un personaxe equivalente a Sabel por forza e sensualidade, pero se o marqués a tivese elixido, non teriamos novela.


A obra consiste en mostrar que todo aquel que non se adapta ás pautas naturais ou leva unha existencia marginal é aniquilado, como ocorre con Julián e con Nucha.


Ademais, no espazo da novela vemos como a natureza o invade todo: desde o comezo, coa chegada de Julián aos Pazos (cando non atopa o sendeiro) ata o final no cemiterio onde as tumbas acaban devoradas pola vexetación. É moi frecuente que as descricións da natureza teñan relación co desenvolvemento dos acontecementos. Por exemplo, a paisaxe é bonita e serena cando predomina a calma na historia, pero se hai angustia, dor, ou algo malo entón a natureza é ameazante e tormentosa.


Unha técnica especialmente utilizada nas novelas é o estilo indirecto libre: un estilo narrativo no que se insertan na voz do narrador enunciados propios dun personaxe e este nos transmite o que sente ou pensa. É un recurso que a autora utiliza bastante nos Pazos.

Entradas relacionadas: