Necesidades Educativas Especiais: Discapacidade Intelectual e Auditiva

Clasificado en Economía

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,12 KB

Necesidades Educativas Especiais (NEE) Relacionadas coa Cognición

Criterios para Definir a Discapacidade Intelectual

Para poder definir a discapacidade intelectual, téñense que ter en conta os seguintes indicadores:

  1. Capacidade intelectual significativamente inferior á media, cun CI aproximadamente de 70 ou inferior nun test de CI administrado individualmente.
  2. Déficit ou alteración na actividade adaptativa (eficacia da persoa para satisfacer as esixencias esperadas para a súa idade e o seu grupo cultural) en polo menos dúas das seguintes áreas: comunicación, coidado persoal, vida doméstica, habilidades sociais e interpersoais, utilización de recursos comunitarios, autocontrol, habilidades académicas funcionais, traballo, ocio, saúde e seguridade.
  3. Deben manifestarse antes dos 18 anos.

Principios de Acción Pedagóxica

  1. Partir do nivel de competencias para graduar as propostas.
  2. Subdividir e graduar as tarefas de aprendizaxe.
  3. Aprender unha soa cousa á vez.
  4. Principio de redundancia: ensinar de diferentes formas, con materiais diversos, a través de todas as canles sensoriais e de acción diferentes.
  5. Repetición: consolidar o xa adquirido sen ritualización.
  6. Zona de desenvolvemento próximo.
  7. Ensinar estratexias de control da aprendizaxe.

Necesidades Educativas Especiais (NEE) Relacionadas coa Audición

Variables das que Depende a Gravidade da Discapacidade Auditiva

  1. Momento no que se produce a perda auditiva: Canto maior sexa a idade na que se produce o déficit auditivo, menores serán as consecuencias para o desenvolvemento cognitivo-lingüístico.
  2. Grao de perda auditiva: Canto maior sexa a perda auditiva e canto máis cedo se contraia, maior será a dificultade para procesar os sons da fala e adquirir un sistema fonolóxico estable.
  3. Intensidade e frecuencia: Canto maior sexa a perda auditiva e canto máis afecte ás frecuencias conversacionais, máis interferirá no desenvolvemento da linguaxe e no nivel cognitivo.

Clasificación da Deficiencia Auditiva

Clasificación Segundo o Grao

  • Leve ou lixeira: Perda entre 20-40 dB (sussurro).
  • Moderada: Perda entre 40-70 dB.
  • Severa: Perda entre 70-90 dB.
  • Profunda: Perda de +90 dB (xa falamos de xordeira).

Clasificación Segundo a Lesión dos Órganos

  • De transmisión: Afectado o oído externo e medio.
  • Neurosensorias: Afectado o oído interno, con lesións na cóclea ou no nervio auditivo.

Clasificación Segundo o Momento de Aparición

  • Prelocutiva: Prodúcese antes do desenvolvemento da fala (referencia: antes dos 3 anos).
  • Postlocutiva: Aparece con posterioridade á adquisición da fala. As consecuencias son moito menores unha vez que o neno ten adquiridas as estruturas da fala.

Entradas relacionadas: