Normalización do galego en Galicia: historia e desafíos
Clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,29 KB
O recoñecemento oficial produciuse no Estatuto de Autonomía (1981), establece no artigo 5:
1. A lingua propia de Galicia é o galego.
2. Os idiomas galego e castelán son oficiais de Galicia e todos teñen dereito de coñecelos e de usalos.
3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego na vida pública.
4. Ningún poderá ser discriminado por causa de lingua.
Este recoñecemento baséase no establecido na Constitución española de 1978, que di no seu artigo 3:
1. O castelán é a lingua oficial do Estado. Todos os españois teñen o deber de coñecela e o dereito de usala.
2. As outras linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas.
3. A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será respetado e protexido.
A Constitución Española establece a cooficialidade nun territorio delimitado, mentres que o castelán é oficial en todo o territorio.
En 1983 promúlgase a Lei de Normalización Lingüística que pretende restituír o galego á normalidade en todos os ámbitos. A versión aprobada inicialmente dicía 'todos os galegos teñen o deber de coñecelo e o dereito de usalo', o Tribunal Constitucional anulou este artigo en 1986. Aquí foi onde se veu a asimetría lei entre o castelán e o idioma do noso país, o galego.
Esta lei é o marco de referencia principal do que deriva todo o desenvolvemento lexislativo posterior. Dirección xeral de política lingüística creada no 1983. Cómpre esperar máis de dúas décadas para que se elabore e aprobe no 2004 o Plan Xeral de Normalización da lingua galega.
A introdución do galego no ensino e a correspondente necesidade de materiais que trouxo consigo favoreceu a creación de editoras e mais a consolidación das xa existentes.
Creación da CRTVG que comeza a emitir no ano 1985, e gaña protagonismo xunto ca radio galega.
O galego perde falantes e moitas persoas cambian para o castelán, porque moita xente vive nas aldeas (os galegofalantes) pero a maioría da xente vive nas cidades. O galego desempeña funcións que nunca antes desempeñara, estar presentes nos medios de comunicación, no ensino, universidades… Alta en política.