Normalización do Galego: Lingua Minorizada en Galicia

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,29 KB

Linguas Minorizadas e Linguas Minoritarias. O Galego: Lingua en Vías de Normalización

Se nunha comunidade hai dúas linguas en contacto, estas reproducen a xerarquía social existente: a lingua dominante ocupa progresivamente os ámbitos da lingua dominada, provocando a súa substitución. A lingua dominada ou minorizada é empregada unicamente nos ámbitos socioculturais máis baixos, sendo ignorada e desprezada nos máis elevados.

O concepto de lingua minorizada é sociolingüístico, non cuantitativo como o de lingua minoritaria. Pode suceder que unha lingua minorizada sexa maioritaria ou viceversa.

A complexidade da composición social da poboación e os seus continuos movementos fan imposible un acordo sobre o número de linguas que se falan no mundo e o número de falantes de cada unha. No caso europeo, case todos os Estados son plurilingües, e a coexistencia das diversas linguas prodúcese no plano da diglosia. Hai, polo tanto, gran cantidade de linguas minorizadas divididas por fronteiras políticas.

É dentro do Estado español onde as linguas minorizadas gozan de maior estatus e son usadas en ámbitos impensables anteriormente.

O actual marco legal senta as bases para a recuperación e normalización da lingua, mais cómpre a intervención dos diferentes sectores sociais:

a) Acción institucional

Levada a cabo polas Administracións públicas de Galicia, elementos indispensables no proceso de normalización.

b) Acción colectiva non institucional

Exercida por asociacións e colectivos, xogando un papel moi importante na recuperación da lingua.

c) Acción individual

Supón un esforzo persoal e consciente para romper os hábitos e condutas de desleixamento cara á situación social do idioma.

Para conseguir o éxito destas accións é necesario un proceso de dinamización que favoreza comportamentos positivos cara ao idioma, implicando activamente a colectivos e individuos a través de medidas que promovan o uso da lingua. O proceso está nun momento decisivo.

A cultura agraria e mariñeira está a desaparecer, aínda que medra unha nova unión noutros ámbitos. Porén, esta corrente regaleguizadora non compensa a perda progresiva de falantes. O galego pode chegar a converterse nunha lingua «ritual». Só a lealdade lingüística poderá evitar este proceso e recuperar a nosa lingua.

Prexuízos e Estereotipos

Estereotipos: correspondencias simplificadoras entre atributos e grupos sociais sen recoñecer excepcións.

Prexuízos: valoracións baseadas en ideas erradas que teñen como consecuencia actitudes ou comportamentos negativos.

Prexuízos Estéticos

«O galego é unha lingua bruta que soa mal.»

Prexuízos Socioeconómicos

«O galego é para pobres.»

Prexuízos Socioculturais

«O galego é para incultos paletos». «Non serve para as ciencias».

Prexuízos Sociopolíticos

«O galego é unha lingua imposta de esquerdas».

Prexuízos Vellos

«O galego é rural, para incultos, unha lingua de atraso.»

Prexuízos Novos

«O galego non é válido con respecto ao castelán». «Aprender galego é unha perda de tempo».

Entradas relacionadas: