A normalización lingüística do galego: desafíos e perspectivas
Clasificado en Otras materias
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,61 KB
O galego tivo un desenvolvemento normal ata comezos da Idade Moderna. Na actualidade, o galego sofre a presión constante do castelán, lingua dominante que conta co apoio do poder político e económico. Por iso, o galego é unha lingua minorizada, pero non minoritaria (2 millóns e medio de falantes).
A normalización lingüística é un proceso de recuperación dunha lingua propia da comunidade, que foi desprazada por unha lingua foránea. No caso do galego, trátase dun proceso imprescindible debido ao desentendimento da lingua durante séculos. Aínda que houbo pequenos avances en etapas anteriores, podemos decir que a recuperación comeza coa morte de Franco, a instauración da democracia e a creación de institucións galegas propias.
Acción normalizadora en Galicia
O organismo que desenvolve a acción normalizadora en Galicia é a Secretaría Xeral de Lingüística (que depende da Consellería de Educación). Este focalizouse no ámbito educativo, deixando de lado outros ámbitos sociais. En case todos os concellos existe un servizo de normalización lingüística, aínda que tamén contamos co apoio das universidades galegas, a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega, que son outro tipo de institucións promotoras do galego. A Mesa pola Normalización Lingüística e Prolingua foron outros colectivos que se formaron tras a limitada acción institucional.
Entidades socioculturais e normalización lingüística
O traballo desenvolvido por numerosas entidades socioculturais é imprescindible para a normalización lingüística. O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega aprobado en 2004 propón medidas para potenciar o galego en distintos ámbitos. Con obxectivos como garantir a posibilidade de vivir en galego a quen o desexe, conseguir máis funcións sociais e espazos de uso, promover unha visión moderna... Pero foron moi escasas as iniciativas desenvolvidas desde a súa aprobación e as institucións públicas deixaron de exercer o papel legal de impulsoras da normalización, quedando isto en mans da cidadanía.
Desgaleguización e futuro do galego
A tendencia xeral á desgaleguización aumentou nas últimas décadas, avanzando sobre todo en zonas urbanas. Na poboación máis nova está o futuro do galego, e tan só a metade o fala habitualmente. A mocidade presenta maior competencia lingüística, sobre todo no uso da escrita, e é por iso que o processo de normalización lingüística depende tanto de nós. Cómpre crear modelos socioculturais, contextos socializadores... O futuro do galego está garantido na mocidade, depende moito de nós.