Normativización do Galego: Etapas Históricas
Clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,13 KB
A Normativización da Lingua Galega
Proceso e Etapas Históricas
A normativización é un proceso de creación dunha norma ortográfica, dunha gramática e dun dicionario dunha lingua co fin de crear unha variedade estándar, como no caso da lingua galega. Dentro deste proceso de elaboración da norma destacan catro etapas significativas.
Etapa 1: Galego Popularizante (Século XIX)
Durante este século instaurouse no sistema educativo a Lei Moyano de Instrución Pública, na que se declaraba a alfabetización obrigatoria en castelán en todo o Estado. Os primeiros dicionarios presentaban o lema en galego e a definición en castelán. Recorreron ao modelo castelán de ortografía. Entre as gramáticas destaca a de Saco e Arce. Neste período o galego considerouse dialectal.
Etapa 2: Galego Diferencialista ou Enxebrizante (1º terzo s. XX)
Nesta etapa continuamos coa busca da variedade estándar a través da gramática de Lugrís Freire, a creación da Real Academia Galega (RAG) (1906) e, sobre todo, coas normas ortográficas elaboradas polo Seminario de Estudos Galegos en 1933. Esta etapa pódese denominar galego supradialectal, que se quere arredar dos castelanismos. Así, aparecen lusismos, arcaísmos e hipergaleguismos (desviacións da norma), ademais dun exceso de signos de puntuación.
Etapa 3: Galego Protoestándar (1936-1976)
Nela, seguiuse co proceso de simplificación ortográfica iniciado polas Normas de 1933. Intentouse evitar os hiperenxebrismos, do mesmo xeito que dialectismos. Cómpre acadar un rexistro literario digno para o galego, aínda que xorden dúbidas sobre a súa elaboración. Aparece a gramática de Carballo Calero e en 1965 impartirase na Universidade de Santiago un curso da lingua galega. Cinco anos despois a RAG publica as súas primeiras normas. En canto aos dicionarios, vai ter moito éxito o de Franco Grande. Pero este é en galego-castelán, xa que ata finalizar a ditadura non aparecerán os escritos completamente na lingua.
Etapa 4: Galego Estándar (1976 - Actualidade)
A derradeira etapa denomínase galego estándar e comprende dende 1976 ata hoxe. Coa aprobación do Estatuto de Autonomía en 1981, o galego convértese en lingua cooficial en Galicia. Un ano máis tarde, o Instituto da Lingua Galega (ILG) e a Real Academia Galega (RAG) publican as “Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego”. Estas normas foron revisadas nos anos 1995 e 2003; neste último aprobouse a Normativa de Concordia.
Normativización e Normalización Lingüística
O proceso de normativización dunha lingua está estreitamente relacionado co da súa normalización, de xeito que ambos se implican mutuamente, englobándose baixo a denominación común de planificación lingüística.