Nova Narrativa Galega: Autores e Obras

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,82 KB

A Nova Narrativa Galega (1936-1976)

Na etapa de posguerra, comprendida entre 1936 e 1976, xunto aos renovadores da prosa como Cunqueiro, Fole, Blanco Amor e Neira Vilas, xorde unha nova narrativa que busca unha renovación técnica e temática. Estará influída pola narrativa europea e americana: o afán de renovación temático-formal, así como o interese pola literatura europea e americana modernas (Joyce, Kafka e o Nouveau Roman francés).

Características da Nova Narrativa

Dentro das características da Nova Narrativa Galega destaca:

  • A falta dun argumento lineal lóxico.
  • A mestura do mundo real co mundo onírico ou ficticio.
  • O uso de técnicas cinematográficas como os flashbacks.
  • A multiplicidade de voces narrativas, o monólogo interior ou a técnica epistolar.
  • O espazo urbano como protagonista principal fronte ao rural das obras anteriores, reflectindo deste xeito o transvasamento do mundo rural ao urbano.
  • A concepción obxectalista, pola cal o narrador non se implica e non se deixa levar polos sentimentos. Non importa o que sente o ser humano, pois é un obxecto máis da decoración.
  • Unha agresividade xeral que condiciona o desenvolvemento do ser humano.

Autores e obras principais

A primeira obra da Nova Narrativa Galega foi Memorias de Tains, de Gonzalo Mourullo. Pero os autores máis importantes son Méndez Ferrín e Carlos Casares.

Méndez Ferrín

Ferrín comeza dentro desta época con Percival e outras historias, O retorno a Tagen e O crepúsculo e as formigas. A partir dos 80, prodúcese un cambio na súa narrativa e aparecen Crónica de Nós e No ventre do silencio, compaxinando o anterior co labor da presidencia da Real Academia Galega (RAG).

Carlos Casares

Carlos Casares publica Vento ferido, a obra que mellor reflicte as características da Nova Narrativa Galega. Tamén escribe Xoguetes para un tempo prohibido e Ilustrísima. Tras os anos 80, abandona esta tendencia e segue escribindo obras como Deus sentado nun sillón azul e O sol do verán.

Outros autores

Ademais destes dous autores, tamén cabe mencionar a Camilo Gonsar, con títulos como: Lonxe de nós e dentro, Como calquera outro día, Arredor do non e A noite da aurora. A obra que conclúe os logros da Nova Narrativa Galega será Cara a Times Square.

Evolución posterior

Todas estas innovacións na narrativa continuarán a partir dos 80, pero diversificaranse máis, tanto na temática coma no estilo. Todos estes autores continuaron coa súa carreira narrativa, arredándose cada vez desta corrente e abríndose ás novidades da actualidade.

Entradas relacionadas: