A Nova Narrativa Galega: Influencias, Autores e Tendencias
Clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,34 KB
A nova narrativa galega orixinouse nas décadas de 1950-1960. Europa atopábase en plena posguerra e vivíanse os anos da chamada Guerra Fría, momento de enfrontamento entre o bloq dos países socialistas e o dos capi. En Galicia, a ditadura franquista xenera represión e medo, a situação é grave e a emigración segue a ser a principal saída para moitos galegos.
Os autores da NNG pertencen a pequena burguesía, publican na colección Illa Nova da editorial Galaxia, participan nas Festas Minervais e colaboran no xornal La Noche. Adaptarán a literatura galega ás correntes mais modernas, incorporando técnicas narrativas e temas que en Europa e América xa se estaban traballando dende comezos do s.XX. Están influenciados por James Joyce, William Faulkner e Franz Kafka, dos que tomaron o uso do monólogo interior, a ruptura da orde cronolóxica, a confusión entre soño e realidade, o emprego de personaxes abstractos e o obxectalismo que describe os obxectos en prexuízo da acción.
A NNG bota andar coa publicación de 'Nasce un árbore' de Gonzalo Rodriguez Mourullo.
Os principais autores son:
- Xosé Luís Méndez Ferrín, que pertence á NNG e ten publicados os seguintes tres libros: 'Percival e outras historias', 'O crepúsculo e as formigas', 'Arrabaldo do norte'.
- Carlos Casares, autor de 'Vento ferido', 'Cambio en tres'.
- Camilo González Suárez-Llanos, autor de 'Cara a Times Square'.
- María Xosé Queizán, autora de 'A orella no buraco'.
- Xohana Torres, autora de 'Adiós, María'.
A produción narrativa en galego interrompese bruscamente en 1936 e a primeira novela de posguerra publicarase en 1951. A partir desa data podemos distinguir as seguintes liñas:
- Narrativa continuidora do Grupo Nós - Ramón Otero Pedrayo e Ricardo Carballo Calero.
- Narrativa fantástica, centrada nun mundo mítico e intemporal, dominado polo soño e idealismo. O seu principal cultivador foi Álvaro Cunqueiro.
- Narrativa realista:
- Realismo popular e costumista, construídos sobre a técnica do conto da tradición oral, onde predomina a ambientación rural. Ánxel Fole foi o principal representante.
- Realismo social comprometido coa denuncia da situación da Galicia desa época. Nesta tendencia destaca Blanco Amor e Xosé Neira Vilas.