Obligación legal de resolver procedimentos administrativos (Art. 42)
Clasificado en Electrónica
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,17 KB
Constitúe o prazo máximo no cal se debe dictar o acto que resolve ou termina un procedemento administrativo. A administración ten un prazo determinado no cal ten que dictar o acto definitivo que pecha o procedemento. Polo tanto, existe un prazo para finalizar todos os procedementos. Cando non se estableza ningún prazo, aplicarase por defecto o prazo que consta no art. 42. Hai que destacar que o art. 42 obriga expresamente a resolver o procedemento administrativo, con independencia de que se produza ou non o silencio administrativo. Destacamos tamén que a obriga de resolver o procedemento enténdese referida ata o momento de notificación ou publicación do acto. En canto ao prazo, o máximo será fixado pola norma reguladora do correspondente procedemento, que non poderá exceder de seis meses, salvo que unha norma con rango de lei estableza un maior ou así estea previsto na normativa comunitaria europea. Cando non se fije un prazo máximo, entenderase que será de tres meses. En canto ao cómputo de prazos nos procedementos iniciados de oficio, computarase desde a data do acordo de iniciación. A data de finalización será a publicación ou notificación ao interesado, e nos iniciados a solicitude do interesado, será a data de entrada no rexistro do concello. Por outra parte, a suspensión do prazo máximo de resolución do procedemento administrativo no art. 42 establece que se poderá paralizar: - Polo requirimento para o complemento de documentación. - Cando deba obtéñerse un pronunciamento previo e preceptivo dun órgano das Comunidades Europeas. - Cando deban solicitarse informes que sexan preceptivos e determinantes. Este prazo de suspensión non poderá exceder en ningún caso de tres meses. - Cando deban realizarse probas técnicas ou análises contraditorias ou dirimentes propostas polos interesados. - Cando se inicien negociacións con vistas á conclusión dun pacto ou convenio. En canto á ampliación do prazo, poderase ampliar cando o número das solicitudes formuladas ou as persoas afectadas fagan que non poida cumprirse o prazo. Contra este acordo non cabe recurso. Por último, o incumprimento dará lugar á esixencia de responsabilidade disciplinaria.