Obligacións e responsabilidades das ETTs: Concepto, requisitos, relación coa empresa usuaria, relación co traballador, infraccións e sancións
Clasificado en Física
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,3 KB
Obligacións e responsabilidades das ETTs
1. Concepto: segundo o art.1 LETT, unha ETT é aquela empresa cuxa actividade fundamental consiste en poñer á disposición doutra empresa usuaria, con carácter temporal, traballadores por ela contratados. Trátase pois dunha descentralización produtiva.
2. Requisitos: a ETT precisa para constituírse da autorización da Administración laboral, dicha autorización debe ser única, con eficacia en todo o territorio nacional e sen límite de duración. Para a obtención ou renovación da autorización é necesaria a existencia dunha serie de circunstancias: primeira, existencia dunha organización adecuada; segunda, dedicación exclusiva á cesión de traballo temporal; terceira, hallarse ao corrente das súas obrigacións fiscais e da SS; cuarto, constituir garantía económica que responda do cumprimento das súas obrigacións salariais e de SS; quinto, non ter sido sancionada a empresa con suspensión de actividade en dúas ou máis ocasións; e sexto, incluír na súa denominación a expresión Empresa de Traballo Temporal.
3. Relación entre ETT e empresa usuaria: a relación que existe entre unha e outra formalízase a través de contratos de posta á disposición, rexidos pola xurisdición civil e mercantil. Dito contrato de posta á disposición debe realizarse por escrito, e con el a ETT comprométese a ceder temporalmente aos seus traballadores pondoos á disposición da empresa usuaria para que esta poida atender tamén necesidades temporais.
4. Relación entre ETT e os traballadores destinados a empresas usuarias: a relación que existe exactamente entre ETT e traballador destinado a empresa usuaria é un mero contrato de traballo (relación laboral), inclusive o contrato de prácticas e o contrato para a formación e o aprendizaxe. Os traballadores cedidos teñen exactamente os mesmos dereitos básicos que se a empresa usuaria os tivera contratado directamente. Na dito contrato, a ETT asume as obrigacións de pago do salario, así como os deberes de SS e formación en materia preventiva. Ao finalizar o contrato de posta á disposición, a ETT debe abonarlle ao traballador unha indemnización de 12 días por ano de servizo ou a establecida na normativa específica aplicable. A ETT ten o poder disciplinario.
5. Relación entre a empresa usuaria e o traballador cedido: non existe un contrato de traballo entre ambas, senón unha relación “ex lege” que non exime a ambas partes de certos dereitos e deberes derivados de dita relación. Á empresa usuaria lle compete o exercicio do poder de dirección e non o disciplinario que o ten a ETT. A empresa usuaria debe informar ao traballador cedido en materia de seguridade e saúde no traballo, e debe responder subsidiariamente das obrigacións salariais e indemnizatorias por extinción do contrato e solidariamente en caso de contrato de posta á disposición ilegal. O traballador cedido ten dereito a plantexar reclamacións laborais, a utilizar os medios colectivos da empresa usuaria. No caso de que concluído o contrato de posta á disposición o traballador seguese prestando servizos na empresa usuaria, a lei o estimará como contrato indefinido.
As infraccións e sancións administrativas por incumprimento da normativa sobre ETT
1. Cesión ilegal de traballadores
1. A contratación de traballadores para cedelos temporalmente a outra empresa, sendo a empresa que os contrata unha empresa distinta a ETT, constituiría un acto ilícito, do que derivarían determinadas responsabilidades (art.43 ET).
2. O art.43.2 ET refire á cesión ilegal de traballadores como a falta de verdadeira calidade empresarial da entidade cedente, ben porque esta careza de organización ou recursos, ou ben porque non se dedique concretamente a actividades empresariais.
3. Responsabilidades previstas no art.43 ET: por un lado, tanto empresario cedente como cesionario responderán solidariamente das obrigacións para con os traballadores e a SS; por outro lado, entran en xogo responsabilidades administrativas e incluso penais; e por último, aparte do dereito dos traballadores cedidos a reclamar fronte aos debedores solidarios, tales traballadores ostentan un dereito adicional de poder adquirir a condición de fixos na empresa cedente cando esta teña entidade real ou na cesionaria.