A obra de Patricia, unha mirada á novela negra e á psicoloxía criminal
Clasificado en Química
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,43 KB
En primeiro lugar destacar que a obra de Patricia se encadra dentro da novela negra, que se define como novelas tipo realista, nas que aparece o escuro da sociedade, protagonistas antihéroes, detectives escépticos ou desencantados. As obras son un retrato social, onde se retratan os conflitos do alma humana. Predominan os ambientes sórdidos. Desenvolvemento rápido da acción. Detective e criminal cruzan a fronteira entre o ben e o mal. O motivo dos crimes é sempre unha debilidade humana. Patricia escribe dentro da psicoloxía criminal (común entre as escritoras), cuxas claves narrativas son: 1. Novela do asasino, 2. Coñécese desde o comezo ao criminal, 3. O lector é testemuña de todos os aspectos relacionados co crime, 3. Detective como personaxe secundario, 4. Trata o significado do crime, 5. Identificación do lector co asasino, 6. Ambientación na atmosfera Mediterránea.
Patricia dedicou a súa vida á literatura, e autora dunha extensa obra, na que podemos distinguir dúas etapas, unha ata 1979 e outra desde 1980 en diante, na primeira etapa atopamos obras como Estranos nun tren, o prezo da sal, e esta última volverá a ser publicada co título de Carol. En 1995 inicia as súas obras protagonizadas por Ripley, con títulos como o talento de Mr. Ripley, A máscara de Ripley, o xogo de Ripley… Tamén destaca mar de fondo, o diario de Edith (muller vai cambiando a realidade por fantasía ata chegar a situacións terroríficas, e pequenos contos misóxinos.
A segunda etapa comeza con Tras os pasos de Ripley, que se completará con Ripley en perigo, crimes bestiais, xente que chama á porta… Destaca o seu ensaio Suspense, como se escribe unha novela de intriga.
En o talento de Mr Ripley, vemos o triunfo do mal sobre o ben. O mal, encarnado en Ripley, conduce cara a un dobre asasinato. A narradora indaga na psicoloxía dos personaxes, e fai partícipe ao lector da súa psicopatía. En canto ao xénero é unha novela negra (analiza a psicoloxía do criminal). Nesta obra e as seguintes atopamos a un delincuente como protagonista, Rpley, que non é un profesional, pero cunha complexidade moral considerable. Con estes asasinatos, o protagonista pode acceder á clase social alta. Con esta obra a autora conseguiu o gran premio da literatura policíaca. En canto ás adaptacións cinemáticas destaca en 1960 a primeira adaptación co título “a pleno sol”. E en 1999 unha nova versión co mesmo título que o libro.