Ondas: Definicións e Conceptos Clave
Clasificado en Física
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,77 KB
Conceptos Básicos do Movemento Ondulatorio
- Amplitude (A): É a máxima distancia que alcanza un punto que vibra, separado da súa posición de equilibrio, ao ser alcanzado por unha onda.
- Elongación (x): É a distancia dun punto á súa posición de equilibrio nun instante determinado. A elongación máxima é a amplitude.
- Período (T): É o tempo que emprega unha partícula alcanzada pola onda en realizar unha oscilación completa.
- Frecuencia (f): É o número de oscilacións completas que unha partícula efectúa nun segundo. A unidade de frecuencia é o hercio (Hz).
- Fase: Dúas partículas están en fase cando se encontran no mesmo estado de vibración.
- Lonxitude de onda (λ): É a distancia percorrida pola onda nun tempo igual ao período.
- Velocidade de propagación (v): É a velocidade á que se propaga o momento ondulatorio. O seu valor é o cociente da lonxitude de onda e o período.
Definición de Onda e Movemento Ondulatorio
Unha onda ou movemento ondulatorio é a propagación dun movemento vibratorio por un medio material.
Nun movemento ondulatorio prodúcese unha propagación de enerxía por un medio material sen transporte de materia.
Refracción, Reflexión e Dispersión da Luz
Denomínase índice de refracción (n) dun medio ao cociente entre a velocidade (c) da luz no baleiro e a velocidade (v) da luz no medio.
A cor é a sensación causada na retina por cada unha das frecuencias das ondas luminosas.
Chámaselle dispersión da luz á descomposición dun raio de luz nas cores que o compoñen.
A refracción é o cambio de dirección e de velocidade das ondas, sexan sonoras ou luminosas, cando pasan dun medio a outro ou cando varían a densidade ou a temperatura do medio polo que se propagan. É o cambio de dirección que se produce cando a luz pasa dun medio a outro. Hai un cambio de velocidade de propagación.
A reflexión da luz é o cambio de dirección que experimenta cando incide nunha superficie opaca e pulimentada. A luz non cambia de medio de propagación e, polo tanto, non cambia de velocidade. As ondas sonoras reflíctense ao chocar contra unha superficie.
Velocidade da Luz e Relación con Lonxitude de Onda e Frecuencia
Velocidade da luz: 3 · 108 m/s
A frecuencia (f), a lonxitude de onda (λo) e a velocidade no baleiro (c) están relacionadas, como en calquera movemento ondulatorio, mediante a expresión: c = λof