Oposición política ao réxime da Restauración en España
Clasificado en Ciencias sociales
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,71 KB
La oposición política ao réxime da Restauración
La Constitución de 1876 distingue a división entre partidos dinásticos e os non dinásticos. Por tanto, quedaron excluídas outras forzas políticas e sociais.
Republicanismo
O republicanismo tivo que facer fronte ao desencanto de parte dos seus seguidores e á represión dos gobernos monárquicos. Emilio Castelar fundou o Partido Posibilista e optou por entrar no xogo político da restauración. Os máis radicais formaron o partido republicano progresista encabezado por Ruiz Zorrilla, quen protagonizou pronunciamentos entre 1883 e 1886, sen éxito. O resto do republicanismo unitario organizouse en torno a Salmerón, mentres que os federais o fixeron en torno a Pi y Margall. A introdución do sufraxio universal (1890) significou a revitalización do republicanismo e estimulou a reunificación coa creación da unión republicana (1893). O republicanismo sufriu as consecuencias do avance do movemento obreiro, que lle foi quitando gran parte das súas bases políticas e electorais.
Movimentos obreiros
Entre o primeiro (1881-1883) e o segundo (85-1890) goberno dos liberais de Sagasta, consolidáronse os movementos obreiros legalizados tras a lei de asociacións de 1887. En 1881, a sección española da internacional (FRE) cambiou o seu nome pola Federación de traballadores da rexión española. A Federación anarquista aumentou o número de afiliados entre os xornaleiros andaluces e os obreiros de Cataluña. Dividiuse o anarquismo a partir dos anos 1883: unha parte optou pola acción directa e organizou grupos autónomos cuxo obxectivo era atentar contra os pilares do Estado. Outra parte do anarquismo optou pola revolución social e propugnaron a necesidade de fundar organizacións de carácter sindical. Esta tendencia de orientación anarcosindicalista desembocaría na creación da confederación nacional do traballo (C.N.T.) en 1910.
Socialistas
Os socialistas, baixo a dirección de Pablo Iglesias, fundaron en Madrid en 1879 o PSOE. As súas ideas marxistas divulgáronse desde 1886 a través do periódico creado por Iglesias, o Socialista. En 1888 naceu a UGT (unión xeral de traballadores). En 1910 conseguiron o seu primeiro deputado nas Cortes. Grazas a este movemento foron conseguindo algunhas melloras sociais (lei de Protección de mulleres e nenos de 1900).
Carlismo
O carlismo, contrario ao liberalismo, defendía a tradición, a unidade católica de España e os foros e a autoridade do pretendente carlista (Carlos VI). Un sector do carlismo creou en 1888 un Partido Católico Nacional (Partido Tradicionalista) que se separou de Carlos VI, dirixido por Ramón Nocedal. Fundou unha milicia, o Requeté.
Movimentos nacionalistas e rexionalistas
Catalanismo
o O catalanismo iniciouse como un movemento literario e cultural coñecido como Renaixença. A burguesía catalá influíu no xurdimiento dese sentimento rexionalista, ao defender o proteccionismo. O momento culminante chegou coa restauración dos Xogos Florais en 1859 que posibilitou o nacemento dun sentimento político. Na elaboración das Bases de Manresa en 1892, xa se propuña a consecución dun poder catalán como resultado dun pacto coa coroa, e a consideración de Cataluña como unha entidade autónoma. O rexionalismo pasou a converterse en nacionalismo. A crise do sistema político da restauración e a perda de Cuba e Puerto Rico, acentuou o interese da burguesía catalá por ter a súa propia representación. Creouse en 1901 a Lliga Rexionalista fundada por Prat de la Riba e Francesc Cambó. Era un partido conservador, cuxa base estaba en sectores das clases medias e altas vinculadas á industria catalá.
Nacionalismo vasco
o O nacionalismo vasco naceu como reacción á perda dos foros. En 1895 Sabino Arana fundou o Partido Nacionalista Vasco, de raíces carlistas e conservador. A súa ideoloxía baseábase na raza vasca, os foros e a relixión. O seu lema era Dios y leyes viejas, e defendía a vella sociedade patriarcal desde unha perspectiva antiliberal e tradicionalista. Ao principio tivo un apoio escaso, pero a comezos do século XX evolucionou a posicións máis moderadas para atraer a simpatía dunha maior cantidade de vascos.
Galleguismo
o O galleguismo iniciouse a través do Rexurdimento que descubriu a lingua e a cultura galegas. A figura literaria de maior influencia foi Rosalía de Castro. Máis tarde surxiría Vicente Risco, que na segunda década do século XX se convertería no gran teórico e líder do nacionalismo galego.
Durante a segunda República, a constitución prevía a creación de autonomías rexionais.