Óptica: lentes converxentes e diverxentes

Clasificado en Plástica y Educación Artística

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,31 KB

Eje óptico del dioptrio: seu eixo de simetría

Vértice: punto O en que o eixo óptico corta a superficie do dioptrio

Unha lente é un sistema óptico centrado limitado por dous dioptrios; polo menos un deles debe ser esférico. O medio que está a ambos os lados dos dous dioptrios ten o mesmo índice de refracción.

Lente converxente: é aquela que fai converxer os raios paralelos ao eixo que veñen do infinito nun punto que chamaremos foco imaxe. Igualmente poderiamos definila como aquela que, se colocamos un foco emisor de luz no seu foco obxecto, xunta (converxe) os raios de modo que saen paralelos ao eixo despois de atravesala. Polo dito, o foco obxecto desta lente está á esquerda da lente e o foco imaxe á dereita.

Lentes diverxentes: é aquela que separa (diverxe) os raios, de modo que os raios paralelos ao eixo diverxen como se saísen dun foco imaxe situado á esquerda da lente. Ou, doutra maneira, os raios que ían converxer a un punto, tras atravesar a lente, saen paralelos ao eixo (o seu foco obxecto está á dereita)

Denomínase potencia da lente á inversa da súa distancia focal; a súa unidade no sistema internacional é a dioptría (D). 1 D = 1m^-1

O ollo é unha estrutura case esférica de uns 25mm de diámetro, chamado globo ocular.

Tapizando a cámara posterior do ollo está a retina, unha capa de células sensibles á luz que enlazan co nervio óptico.

Á interior do iris está o cristalino, unha lente biconvexa cuxa curvatura se pode modificar mediante os músculos ciliares

Punto próximo: menor distancia a un obxecto que produce unha imaxe nítida na retina; o seu valor está en torno aos 25cm, aínda que varía con cada persoa e idade

Punto lonxano: é o punto onde se pode atopar o obxecto máis afastado que pode enfocar o ollo completamente relaxado. Para unha persoa con visión normal está no infinito, pois pode enfocar planetas e estrelas

Presbicia: débese á perda na capacidade de acomodación que sofren as persoas maiores.

Para corrixir utilízanse lentes converxentes, que levan a imaxe do obxecto ao punto próximo da persoa

Entradas relacionadas: