Organización Escolar: Conceptos, Teorías e Sistemas Educativos

Clasificado en Formación y Orientación Laboral

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,38 KB

Modelos de Organización Escolar: Aspectos Básicos

Concepto: Disciplina que estuda a disposición ordenada dos diferentes elementos que interactúan nunha realidade escolar, cara ao logro dos obxectivos establecidos. O seu principal obxectivo é o estudo do clima escolar como situación de conflito.

Contido: Estuda temas, atendendo aos distintos elementos da escola, ás dimensións macroorganizativas e á perspectiva de interacción. Diferentes autores destacados: Pozo Pardo, Sáenz Barrio, entre outros.

Paradigmas: Son unhas previsións, unha anticipación das teorías, tendo o ideal pechado co taylorista/fayolista, que vén sendo o principal dunha empresa. A burocracia, que é con relacións impersoais e de orde xerárquica, e as relacións humanas, xa que é o que importa ao individuo e a súa interacción coa organización.

Tamén temos os desafíos aos paradigmas, as escolas eficaces e o desenvolvemento organizativo. Os dous buscan unha mellora da escola, só que unha é máis estrita no poder e no control do staff, e a outra busca máis o progreso e a creatividade para o desenvolvemento.

Por último, hai un paradigma emerxente, o cultural pluralista, que xorde pola variedade de pensamentos, culturas e características.

A Relación da Organización Escolar con Outras Ciencias

Non existe unha clasificación única das denominadas Ciencias da Educación. Cada autor establece os seus propios criterios. A modo de exemplo, podemos citar a clasificación de García Hoz, entre outros.

En todas as clasificacións, a Organización Escolar aparece directamente relacionada coa didáctica. Relaciónase, ademais, con outras ciencias da Educación: Psicoloxía da Educación, Orientación Escolar, Socioloxía da Educación, etc. A nivel macroorganizativo, interesa unha relación con outras ciencias próximas: Administración Educativa, Planificación, Lexislación Escolar, etc.

Teorías da Organización Escolar

Teoría Estrutural: Dá prioridade aos aspectos estruturais, tales como organigrama e distribución de tempos e espazos. Manifestan os factores ambientais, e caracterízase pola fe na racionalidade. O movemento faise notar a principios da década dos anos 60, con diferentes correntes (Hage, Simons…).

Teoría Clásica: Foron as primeiras teorías en aparecer: o Taylorismo (enfoque desde o mundo empresarial), o Fayolismo (fai fincapé nos traballos departamentais, coa estratexia demandada do Planning, Organización, Selección de Persoal, Dirección, Coordinación, Reporting –busca de información–, Budgeting –elaboración de orzamentos–) e o Weberismo (desenvolvéronse traballos de organización de tipo lexislativo. Todo por escrito e de forma moi precisa e legalizada. Todo isto dá lugar ao incremento da burocracia).

Movementos das Relacións Humanas: Defende a supremacía do individuo sobre a organización e incídese na humanización do traballo. Xorde nos anos 30.

Teoría dos Recursos Humanos: Defende a posibilidade de relacións harmónicas entre individuo e organización, con diferentes autores: McGregor, Whyte, etc.

Teoría Sistemática: A mediados do século XX. Coa obra de Bertalanffy, estúdanse as organizacións como sistemas abertos.

Enfoque Interpretativo: O simbólico e o cultural. Considera as organizacións como «artefactos culturais». Analízanse as manifestacións simbólicas da organización para entender os significados, crenzas e valores da vida organizativa. Destacan Weick, Borman e Clark, etc.

Organización Escolar e Outras Ciencias: Niveis Micro e Macro

Non existe unha clasificación única das denominadas ciencias da educación. Cada autor establece os seus propios criterios.

En todas estas clasificacións, a organización escolar aparece directamente relacionada coa didáctica. Relaciónase, ademais, con outras ciencias da educación: Psicoloxía da Educación, Orientación Escolar, Socioloxía da Educación, etc. A nivel macroorganizativo, interesa a relación con outras ciencias próximas: Administración Educativa, Planificación Educativa, Lexislación Escolar, Política Educativa, Economía da Educación, Demografía Escolar, Historia da Educación, Educación Comparada.

Modelos de Organización Escolar (Muñoz e Román)

  • Produtivos: Escola como empresa.
  • Humanistas: Escola como comunidade educativa.
  • Burocráticos e Estruturais: Estrutura e burocracia escolar.
  • Políticos: Escola, poder e liberdade.
  • Sistemáticos: Escola como sistema.

Diferenza entre Desenvolvemento Organizativo e Escolas Eficaces

O Desenvolvemento Organizativo (DO) refírese a centros que buscan a mellora e satisfacción dos seus membros. É a escola que se desenvolve e mellora; mentres que as escolas eficaces pretenden un gran rendemento e unha gran eficacia no traballo.

O Sistema Escolar: Concepto e Características

O sistema escolar é o modo de organizar o ensino pola política pedagóxica dun país nun momento determinado da súa historia.

  • Características dos sistemas educativos: Obrigatoriedade, universalidade, uniformidade, liberdade, gratuidade e laicismo.
  • Funcións dos sistemas educativos:
    • Conservadora (reprodutora)
    • Creadora (renovadora)
    • Socializadora (transmisora de pautas de conduta, diferenciación e selección social)
    • Desenvolvemento persoal

Factores Fundamentais dos Sistemas Educativos

Os factores que fundamentan os Sistemas Educativos son: económicos, sociopolíticos, históricos, culturais e filosóficos.

Conceptos Clave: Ideario, Carácter Propio e Pluralismo

  • Ideario: Documento de carácter filosófico, relixioso, moral, elaborado polo titular do centro (nos públicos faino a Administración), que contén as normas ou preceptos polas que se rexe o centro.
  • Carácter propio: Os valores fundamentais do centro, como a súa filosofía.
  • Pluralismo: Atención á diferenza de culturas e pensamentos.

Entradas relacionadas: