Orientación na Natureza: Guía Práctica e Sencilla

Clasificado en Física

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,64 KB

Orientación na Natureza: Guía Práctica

Horario solar: Fixándonos na posición do sol, o leste está ás 6 da mañá, o sur ás 12, e o oeste ás 6 da tarde.

  • Hai que ter en conta que o leste e o oeste só coinciden nesa hora dous días ó ano, nos equinoccios de primavera e outono.
  • Ten en conta tamén que a hora oficial dos reloxos non adoita estar axustada á solar.

Reloxo analóxico: Fixar no reloxo a hora solar e apuntar coa manecilla pequena cara o sol. A bisectriz do ángulo que forman entre esta e as doce do sol, sitúa o sur.

Indicios naturais

  • Árbores: a parte que teña as vetas máis grosas, sinala o sur, mentres que a parte con musgo ó norte (ó igual que as rochas).
  • Formigueiros: a inclinación da apertura é cara o sur.

A Brúxula

Instrumento que sinala o Norte Magnético.

  • Características:
    • Sistema de graduación sesaxesimal (círculo de 360º).
    • Coidado cos campos magnéticos que producen os materiais metálicos e eléctricos, que varían a medición da brúxula.

O Altímetro

Instrumento que mide a altitude con respecto ó nivel do mar, medindo a presión atmosférica.

  • Cada vez que ascendemos en altitude, diminúe a presión atmosférica e ó contrario.
  • Os cambios de meteoroloxía varían a presión no mesmo punto, provocando erros.

O GPS

Sistema de radionavegación baseado nunha constelación de satélites (NAVSTAR).

  • Formada por 6 planos orbitais, en cada un deles hai 1 órbita circular onde se encontrarán 4 satélites.
  • Distribución dos satélites pensada para que polo menos de 4 a 6 satélites sexan visibles dende calquera parte do mundo.

Funcionamento do GPS

  • Cando o acendemos localiza como 1º sinal ó satélite de máis intensidade, comezando a calcular a distancia a el, e onde están situados os demais.
  • Unha vez que recibe sinais de polo menos 3 satélites, procesa a posición da terra, a través da triangulación das posicións destes satélites.
  • Recibindo sinal dun 4º satélite ou máis, proporciona datos con máis precisión, como a altitude sobre o nivel do mar.

Latitude e Lonxitude

Latitude: distancia que existe entre un punto calquera da terra ó Ecuador, medida sobre o meridiano que pasa por este punto.

Lonxitude: distancia que existe entre un punto calquera da terra e o Meridiano de Greenwich, medida sobre o paralelo que pasa por este punto.

Entradas relacionadas: