Orixe da vida, especies e do home

Clasificado en Matemáticas

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,44 KB

Orixe da vida

Stanley Miller simulou as condicións da atmosfera primitiva (amoníaco, metano, hidróxeno e vapor de auga, activados por descargas eléctricas) e obtivo algúns aminoácidos. A vida que existe agora na Terra baséase na interacción mutua entre ácidos nucleicos (DNA e RNA) e proteínas; pero os ácidos nucleicos son necesarios para fabricar proteínas, e viceversa. Ademais, esas macromoléculas posúen unha enorme complexidade, o que fai difícil pensar que se orixinasen de modo espontáneo. Carl R. Woese, Francis Crick e Leslie E. Orgel propuxeron o que agora se coñece como teoría do «mundo do RNA», segundo a cal a vida primitiva baséase no RNA. Supónse que este ácido nucleico posuía dúas propiedades das que agora carece: podería autorreplicarse sen necesidade de proteínas, e podería catalizar a síntese de proteínas. Obtivéronse datos que avalan esa hipótese, tales como a existencia de ribozimas ou enzimas feitas de RNA, pero existen dificultades: non se sabe como se replicaba o RNA na ausencia de proteínas, e queda por explicar a formación do RNA mesmo, que posúe unha gran complexidade, idea da panspermia: existiría vida, ou compoñentes precursores da vida, en outras rexións do espazo, e terían chegado á Terra, por exemplo por medio de choques de meteoritos.

3. O orixe das especies

Darwin propuxo en 1859 que a selección natural, que actuaría sobre variacións hereditarias, é o principal motor da evolución, pero nada sabía sobre a natureza de esas variacións. A partir dos traballos de Gregor Mendel, publicados en 1866 e redescubertos en 1900, a xenética converteuse en parte esencial da teoría evolutiva. A incorporación da xenética ao darwinismo conduciu, en torno a 1940, á formulación do neo-darwinismo ou «teoría sintética» da evolución, que segue considerando que a selección natural é o factor explicativo principal da evolución. O darwinismo insiste no gradualismo e afirma que os grandes cambios son o resultado da acumulación de moitos cambios pequenos, pero formularonse propostas alternativas. A principal é a teoría do «equilibrio puntuado», que sostén que a evolución non é gradual, senón que funciona a saltos: existirían grandes períodos de estabilidade interrompidos por intervalos moi breves nos que terían lugar cambios evolutivos grandes e bruscos. Os neodarwinistas, pola súa parte, adoitan dicir que ambos puntos de vista son compatibles, de modo que o equilibrio puntuado podería integrarse dentro do darwinismo: din que os xenetistas, que formularon a teoría sintética, e os paleontólogos que propoñen o equilibrio puntuado, utilizan dúas escalas de tempo diferentes: os cambios que teñen lugar durante miles de xeracións parecen repentinos ante o rexistro fósil. É importante sinalar que o equilibrio puntuado de Gould e Eldredge propón explicacións que non son darwinistas pero son evolucionistas: a discusión centra en torno aos mecanismos da evolución, non en torno á súa existencia. Unha das maiores dificultades do evolucionismo é, en efecto, a explicación dos novos tipos de organización, que requiren múltiples cambios complexos e coordinados. Nesta liña teñen importancia os traballos actuais en torno á «auto-organización», como os realizados por Stuart Kaufmann. Trátase de teorías que, polo momento, son moi hipotéticas, que pretenden explicar a orixe das transformacións evolutivas tomando como base tendencias naturais que aínda coñecemos de modo moi insuficiente.

4. O orixe do home

Dende a publicación da teoría de Darwin, a atención centrouse, sobre todo, na explicación biolóxica do orixe do home. Comezou a busca de eslabóns intermedios entre o home e outros primates, que conduciu á clasificación habitual dos precursores do home actual: os australopitecos africanos (entre 4,5 e 2 millóns de anos), seguidos do homo habilis (dende 2,3 a 1,5 millóns de anos), o homo erectus (fálase tamén de homo ergaster, entre 2 e 1 millóns de anos, en África, e de homo erectus en Asia), e as diversas variedades de homo sapiens. Unha das novidades principais nas últimas décadas foi a aplicación dos novos métodos da bioloxía molecular nos estudos da evolución. A

Entradas relacionadas: