Orixes do Movemento Obreiro: Condicións, Ludismo e Sindicatos
Clasificado en Historia
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,57 KB
As Condicións de Vida da Clase Traballadora
As ideas de liberdade de contratación e de salarios, xunto co interese económico da burguesía e a falta dunha lexislación laboral, fixeron que as condicións de traballo dos obreiros industriais fosen penosas.
- Xornadas laborais longas.
- Salarios baixos.
- Uso de man de obra infantil e feminina por ser máis barata.
O Ludismo: As Primeiras Protestas Obreiras
As primeiras protestas obreiras producíronse entre 1820 e 1830. A forma inicial de protesta, contra a perda do seu traballo por parte dos artesáns e o empeoramento das condicións laborais, foi a destrución de máquinas, ás que consideraban causantes da súa situación.
Este movemento, coñecido como ludismo, iniciouse en Levante (Alcoi) e Cataluña e estendeuse polo resto do país, sendo reprimido polas autoridades.
O ludismo pronto desapareceu, dando paso a novas formas de organización obreira.
A Folga como Ferramenta de Loita Obreira
Os obreiros e xornaleiros empregárona como o medio máis eficaz de loita cando a patronal e os traballadores non lograban poñerse de acordo.
A folga utilizouse para:
- Lograr un aumento dos salarios.
- Reducir a xornada laboral.
- Mellorar as condicións xerais de traballo.
As folgas podían ser:
- Parciais: afectaban a un sector laboral específico.
- Xerais: afectaban a todos os sectores.
- Xerais revolucionarias: con reivindicacións de carácter político.
Para o éxito dunha folga, era necesaria unha planificación coidadosa, contar co apoio dos traballadores, dispoñer de medios económicos para atender as necesidades dos obreiros en folga e que as súas reivindicacións fosen alcanzables.
Sociedades de Resistencia e Sindicatos de Oficios
Os obreiros das fábricas formaron asociacións para defender os seus intereses e coordinarse na súa actuación fronte á patronal. Así, creáronse sociedades de resistencia e sindicatos por oficios.
A lexislación liberal prohibía a formación de asociacións. Por isto, as primeiras sociedades obreiras creáronse baixo a aparencia de sociedades de carácter mutualista e benéfico.
En 1839, unha lei autorizounas coa finalidade de loitar polas melloras das condicións laborais. Os gobernos moderados prohibiron estas asociacións, mentres que os progresistas as defendían.