O papel de Descartes na transición do Renacemento ao Barroco
Clasificado en Magisterio
Escrito el en gallego con un tamaño de 4 KB
O papel das matemáticas na ciencia e a súa consideración como saber analítico deductivo, aínda que o racionalismo vai ser profundamente criticado polo empirismo e situado por el na corrente positiva. Popper e a súa escola realizaron o papel central da dedución. O cambio do saber centrado na utilidade co desexo de facer o home dono da natureza. Descartes é substancial nun dos debates máis importantes do pensamento filosófico, o que se dá entre o realismo e o inmanentismo. O coñecemento é un acto mental de captación da realidade. O método da dúbida vai tomar corpo no pensamento ilustrado, a súa crítica á capacidade cognoscitiva dos sentidos é fundamental, considera que os sentidos non alcanzan a verdadeira realidade.
CONTEXTO CULTURAL
Foi un filósofo, científico e matemático, nado en 1596 en La Haye (Francia). Estudou no colexio xesuíta de Fléche, onde recibiu ensinanzas de matemáticas e filosofía escolástica. Entrou ao servizo do príncipe de Orange. Comeza a ter relación cos círculos agustinos e coa nova ciencia. En 1649 acepta a invitación da raíña de Suecia para dar clases na súa corte. Ao ser estas clases a primeira hora, contraeu unha pulmonía e morreu en 1650.
Os feitos que influíron na súa vida son:
1.- As Guerras de Relixión en Centroeuropa
Denomínanse Guerras de Relixión aos enfrontamentos acontecidos en Centroeuropa entre católicos e protestantes, conflito que concluíu coa Paz de Augsburgo, que recoñeceu aos Estados do Imperio Alemán o dereito a elixir a súa relixión e a que os súbditos profesaran a mesma fe que o seu príncipe.
Descartes nace durante o reinado de Enrique IV que procedendo das filas protestantes se converte ao catolicismo (para acceder ao trono). Durante a vida de Descartes reinarán tamén Luis XIII (o seu primeiro ministro o cardenal Richelieu) e os inicios do Rei Sol, Luis XIV que levará a Francia á hegemonía Europea.
Descartes, aínda que era católico, emigrou a Holanda para vivir ao marxe destas disputas
2.-O final do Renacemento e o principio da modernidade
Descartes viviu na transición do Renacemento ao Barroco. O interese dos renacentistas era volver a mirar o mundo clásico.
Produciuse en Europa unha reacción á serenidade clásica do Renacemento a raíz da cal se desenvolve o Barroco. A estética do Barroco busca o perfeccionismo de efectos novedosos e de sorpresa,
CONTEXTO FILOSÓFICO
1.-O Discurso do Método
O Discurso combina o estilo autobiográfico, pois dedica boa parte del a contar a súa evolución intelectual, e o expositivo, xa que tamén analiza as súas doctriñas filosóficas. Está dividido en seis partes. Segundo confesa el mesmo na parte terceira do Discurso, pensaba dedicarse moitos máis anos a probar privadamente os seus achados pero a difusión das súas ideas foi rápida entre os círculos intelectuais de París, e presionado pola popularidade das súas teses publica.
2.-A nova ciencia
Vanse ir propondo innovacións á física aristotélica. A nova ciencia personifícase en Copérnico e Galileo. e ten novos caracteres como o uso das matemáticas. O importante é o estudo cúantitativo. Prodúcese a unión entre Ciencia e Técnica e vaise dando a separación entre a filosofía da natureza (a futura física) e o resto da filosofía.
3.- O escepticismo de Montaigne
Xunto ao entusiasmo pola nova ciencia que aparece como algo infalíbel, atopamos unha corrente escéptica forte que aparece sobre todo en Francia. Destaca Montaigne que opina que a maior peste do home é crer que pode darse un verdadeiro saber. A experiencia dos sentidos é enganosa.
Contra o escepticismo constrúese o Método Cartesiano.
4.- A fe e a razón. A filosofía escolástica.
A primeira consecuencia é que a fe aínda que segue sendo un elemento importante xa non é o factor crucial e, sobre todo, non se usa para interpretar o mundo